Novas

  • Xuntanza co Subdirector Xeral de Gandaría

    Xuntanza co Subdirector Xeral de Gandaría

    • 20,Abr 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A xuntanza ten por obxectivo abordar os seguintes puntos, trasladados xa á Subdirección Xeral nun encontro mantido na semana pasada:

     

    1. Saneamento gandeiro.

     

    -Denunciarase o atraso na recepción da “carta verde” logo da realización do saneamento.

     

    -Asemade, demandarase que a realización do saneamento dos montes veciñais en man común sexa artellada de maneira conxunta e coordenada coa Consellaría do Medio Rural. Na actualidade, adoitase empregar arredor de 6 meses para o saneamento das explotacións que están nos montes, o que impide a venda de animais neste período.

     

    2.Altas dos animais

     

    -Os afiliados do SLG denunciarán diante do Subdirector Xeral de Gandaría o feito de que para tramitar as altas dos animais nacidos nas súas explotacións (A Lama, Fornelos de Montes, Pontecaldelas e Cotobade), vense obrigados a se desprazaren entre 30/40km, posto que teñen que acudir ás oficinas de O Porriño ou Pontevedra.

     

    -Solicitarase que se dote de persoal a Oficina Agraria Comarcal de Pontecaldelas con alomenos unha persoa que tramite unha vez á semana as altas.

     

    3.Fauna Salvaxe

     

    As explotacións representadas nesta delegación que se entrevistará co Subdirector de Gandaría están ubicadas en zonas de alta montaña do interior da provincia de Pontevedra, atopándose nestes momentos con graves problemas nas explotacións por mor da superpoboación de fauna salvaxe. Instarase á CMR a explicar que medidas van ser tomadas para facer fronte a esta situación.

     

     

    O malestar na zona polos problemas vinculados a estes tres puntos: saneamento gandeiro, altas dos animais e fauna salvaxe, foi recollido nun escrito rexistrado onte, 19 de abril, asinado por cincuenta titulares de explotacións.