Novas

  • Xuntanza ca Conselleira do Medio Rural:  Convocatoria de declaracións aos medios de comunicación

    Xuntanza ca Conselleira do Medio Rural: Convocatoria de declaracións aos medios de comunicación

    • 09,Ago 2024
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a gandeira e produtora de faba de Lourenzá Isabel Vilalba; o apicultor e integrante da Executiva do SLG-CCLL Brais Álvarez e a gandeira e vicerresponsábel do sector leiteiro Ana González reuniranse o vindeiro LUNS 12 de agosto ca nova Conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez.

    Logo dun prazo de cortesía tra-lo seu nomeamento, no mes de abril o SLG-CCLL realizou a solicitude formal desta xuntanza, que non foi confirmada ata fai uns días malia térmonos interesado por ela practicamente cada semana a través de contactos telefónicos e por correo electrónico ca Consellaría do Medio Rural.

    Entre os temas a abordar, por parte do SLG trataranse, entre outros, as consecuencias da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) nas granxas galegas, a crise de sobreprodución na Ribeira Sacra, os baixos prezos no sector cárnico e leiteiro e os compromisos para a nova Política Agraria Común (PAC).

    Á saída deste encontro, as representantes do Sindicato Labrego Galego trasladarán unha primeira valoración aos medios de comunicación. Estas declaracións terán lugar ás 11.30h. na entrada/saída do edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela).