Novas

  • Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

    Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

    • 28,Feb 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (integrado na Vía Campesina) Carme Freire, canda Paul Nicholson, actor fundamental na conferencia de Nyéléni en representación da Vía Campesina, encetaron as xornadas expoñendo a soberanía alimentar como unha ferramenta democratizadora da alimentación.

    isap

     

    Mesa redonda   “Vivir da terra”, coas experiencias de Antonio Carral  (leite cru O Alle) e Fuco Barreiro, (Monte Cabalar).

    isap

     

    Mónica Vargas (Observatorio de la Deuda en la Globalización), reflexionou sobre a relación entre o modelo alimentar, a mudanza climática e as relacións Norte-Sul expoñendo o concepto de “anticooperación”.

    isap

    A chilena Florencia Aróstica, dirixente da Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas (integrada na Vía Campesina) expuso a situación no seu país e a posición da soberanía alimentaria na América Latina.

    isap

     

    “Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática”, con  Ferrán Garcia (Veterinarios Sin Fronteras/No Te Comas el Mundo).

    isap isap

     

     

    Mesa redonda “Vivir do Mar” coa participación de Fermín Fernández (ALGAMAR), Fernando Groullán (Cofraría de Cangas) e Isabel Pérez (Agrupación de mariscadoras a pé de Cambados).

    isap

     

    “Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique” a cargo  de Luís Mário Muchanga,  do sindicato agrario mozambiqueño União Nacional Camponesa  (UNAC), organización pertencente á Vía Campesina.

    isapisap

     

    Mesa redonda “Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza” (26´49´´), coa participación de Juan Carlos Carreja e Mª Carmen Pazos, produtores agrupados no proxecto Lentura, e Gonzalo Gesto Marcial Blanco,  consumidores pertencentes a cooperativas de consumo da Rede Galega de Consumo Consciente (Panxea e Zoca Miñoca, respectivamente).

    ISAP

     

    ISAP

     

     isapisap

     

    *Arquivo para descarregar: Intervención de Carme Freire, Secretaria Xeral do SLG.

    isap

     

     

     
    A toma en consideración da Soberanía Alimentar podería dar resposta ás incontábeis crises dun mundo no que, de xeito totalmente irresponsábel, consumimos o que non producimos e producimos o que non consumimos. Xa está dispoñíbel o número 34 do suplemento Altermundo en pdf: http://www.altermundo.eu/images/altermundopdf/altermundo34.pdf

    Carme Freire: “O movemento social é o único que pode facer variar a política institucional”
    Muller e labrega. Dende o SLG representa a voz dese campesiñado ligado á terra que pula por unha produción alimentar afastada do mercantilismo, coa biodiversidade como guía e a soberanía alimentar como bandeira. Loita contra o seu propio exterminio. E contra o noso.

    Construíndo a Soberanía Alimentar desde Galiza
    A Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (ISAP) reúne dez organizacións galegas preocupadas pola nosa alimentación e todo o de que ela deriva. Trátase, ao cabo, de xustiza social, dun ambiente saudábel e da conservación da cultura da terra, cada día máis ameazada. Un artigo de Xosé María García, coordinador da ISAP.

    Para sermos xustos
    Marga Tojo-. Pan o noso, cacao o deles; é o modelo máis equitativo de comercio xusto, o baseado na soberanía alimentar. En Galiza experimenta “unha efervescencia espectacular”. Así o explica o avogado Gonzalo Gesto, socio da compostelá Panxea.

    Crise e soberanía alimentaria: Vía Campesina e o tempo dunha idea
    O millo e a comunalidade
    Como nos imos alimentar?