Novas

  • Xornada informativa sobre os impactos  da vacina da Lingua Azul

    Xornada informativa sobre os impactos da vacina da Lingua Azul

    • 06,Set 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Xornada informativa sobre os impactos da vacina da Lingua Azul

    07/09/10  Hotel Congreso (Teo, Compostela)

     

    PROGRAMA:

    10,30 H.- Chegada de participantes

    10,45 H.- Presentación da xornada. Lidia Senra, Secretaria de Organización do SLG.

    11,00 H.- Efectos da vacina da lingua azul (efectos na saúde dos animais, repercusións económicas nas explotacións,…) Adolfo Cabarcos, Secretario de Sectores Gandeiros no SLG.

    11,30 H.- Debate.

    12,30 H.- Situación en Francia. Resposta das gandeiras de dos gandeiros.Actividade da Plataforma. Ponente: Antoine de Ruffray, Representante da Confederation Paysanne e membro da Coordenadora contra a obriga de vacinar contra a Lingua Azul

     

    14,00 H. – Xantar

     

    15,30 H.- A plataforma pola libre vacinación da Lingua Azul no Estado Español

    16,30 H.- Actividades a desenvolver no futuro.

    16,45 H Conclusións

    18,00 H.- Fin da xornada

     

     

    Xa fai tempo que dende o Sindicato Labrego Galego estamos alertando dos efectos secundarios no gando logo da inoculación da vacina da lingua azul (29 de Xullo do 2009: Que está a pasar coa vacina da lingua azul? http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=29&i=314).

    Tamén o pasado 30 de maio asistimos a unha reunión de afectadas e afectados a nivel estatal, na que se creou a Plataforma pola vacinación libre do gando (10 de Xuño do 2010. O SLG anima a denunciar os casos de efectos secundarios da vacina da lingua azul e informa da creación dunha plataforma estatal de gandeiras/os afectadas/os. http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=29&i=555).

     

    A continuación, o Manifesto elaborado pola libre vacinación do gando:

    MANIFESTO

     

    A PLATAFORMA POLA LIBRE VACUNACIÓN DO GANDO*, quere manifestar o seu desacordo coas medidas adoptadas para a erradicación da enfermidade da Lingoa Azul no Estado Español, que contempla a vacinación obligatoria e masiva de toda a cabana ovina e bovina, considerando que:

    A enfermidade pódese considerar endémica, polo tanto imposible de erradicar debido a que non se pode controlar a expansión natural dos insectos vectores nen evitar a presencia de virus nos países colindantes e incluso na propia fauna salvaxe. Países coma Israel ou Sudáfrica non conseguiron erradicala despois de 60 anos de vacinación.

    Os animáis vacinados seguen a ser portadores.

    Afecta principalmente ás ovellas e non a todos os rebaños por igual.

    Carécese de estudios que evalúen o seu impacto real tanto a nivel sanitario coma económico.

    A obrigatoriedade de vacinar a todo o gando ovino e bovino e de aplicar insecticina sobre os animáis no transporte, así coma a limitación de movementos do gando para determinadas zonas son medidas costosas, ineficaces e perxudiciáis para o gando, os gandeiros e gandeiras, e a povoación en xeral.

    A decisión sobre o xeito de loita contra a enfermidade da Língoa Azul (vacinación ou non) debería recaer sobre os gandeiros e gandeiras, máximos interesados en manter a saúde tanto dos rebaños, coma dos consumidores e consumidoras. Basámonos en que:

    Todos os países da UE -salvo Bélxica e España- retiraron a obrigatoriedade de vacinar contra a lingoa azul, o que demostra a incoerencia e inconsistencia desta medida. As movilización das gandeiras e gandeiros franceses nos últimos anos conseguiron que este pasado mes de xullo, o Ministerio de Agricultura de Francia retire a obrigatoriedade de vacinar para o ano 2011.

    Con esta normativa condénase ao gandeiro/a a vacinar de por vida, xa que a inmunidade é temporal, semestral no serotipo 8 e anual no serotipo 1.

    Estáse a vacinar indiscriminadamente animáis que xa teñen inmunidade natural, a enfermos/inmunodeprimidos e a femias xestantes.

    Miles de mortes e de efectosd secndarios debidos á vacina, denunciados por diferentes colectivos, foron desoidos ou negados ante os medios pola Administración.

    Os gandeiros/as teñen que asumir as mortes e perdas debidas a baixadas de produción do seu propio peto.

    Os gandeiros/as teñen que soportar que se cuestione a sua propia profesionalidade, ao atribuir os efectos da vacina a un mal manexo e mal estado dos animáis, (conclusións do estudio de VISAVET e CRESA, realizado por encargo da Administración).

    A vacina contén sustancias neurotóxicas -hidróxido de aluminio e sales de mercurio- que pasan da canal á cadea alimentaria e dos que se decoñecen os seus efectos sobre as persoas a longo prazo.

    Por eso SOLICITAMOS que:

    Se suprima a obrigatoriedade da vacinacion contra da língoa azul, seguindo o criterio da maioría da U E.

    Se deixe de perseguir e presionar aos gandeiros e gandeiras que decidiron non vacinar.

    Se recoñezan os danos da vacina e se indemnice aos gandeiros e gandeiras afectadas.

    Que se garanta a eficacia e inocuidade da vacina para quen decisa empregala.

    Que se empreguen fondos públicos para a búsqueda de tratamentos alternativos para a enfermidade da Lingoa Azul.

    *A PLATAFORMA POLA LIBRE vacinaCIÓN DO GANDO constitúiese o dia 20 de maio de 2010 en Madrid. Nace da necesidade de facer fronte á indefensión que viven os gandeiros e gandeiras como consecuendia da obrigatoriedade da vacina contra a Língoa Azul, e co obxecto de que gandeiros e gandeiras recuperen o poder de decisión na xestión da saúde e do benestar dos animáis.

     

     Para máis información, diríxete ao local do SLG na túa comarca.