Novas

  • Xornada de portas abertas sobre recuperación de variedades locais de froiteiras na Estrada

    Xornada de portas abertas sobre recuperación de variedades locais de froiteiras na Estrada

    • 06,Mai 2014
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Para levar a cabo esta sesión divulgativa, contarase coa presenza de Antonio Villarino, impulsor dunha experiencia de recuperación de froiteiras autóctonas na comarca da Mariña (Lugo) grazas á cal se teñen rescatado variedades das que só quedaba un exemplar, plantado máis dun milleiro de árbores (maceiras, pereiras e cerdeiras, fundamentalmente) e implicado unhas 150 persoas (achégase reportaxe ao respecto publicado no periódico Fouce e fotografías correspondentes a este proxecto).

    A importancia destas prácticas, amais de recuperar especies de froiteiras que están mesmo en perigo de extinción, consiste en acadar árbores adaptadas dende hai séculos ás condicións climatolóxicas e edafolóxicas de cada bisbarra; e achegar unha maior diversidade de sabores, recendos e texturas no consumo de froita durante épocas do ano máis amplas.

    A xornada terá lugar nas aulas que ten o local do Sindicato Labrego Galego na Estrada (Rúa Grandín nº 1), este xoves 8 de maio, ás 17:00 horas, e poderá acudir quen queira, tanto persoas interesadas no tema como os medios de comunicación que desexen darlle cobertura ao evento.

    Froiteiras Lourenzá