Xabier Gómez Santiso leva unha tempada movida por mor dos trocos que o Goberno está preparando para o sector lácteo. Como responsábel da acción sindical nos sectores gandeiros do SLG, tivo que coordinar os diversos encontros da Dirección Nacional do Leite e as achegas que a afiliación e a Executiva do Sindicato Labrego quixeron facer ás reunións de Madrid co Ministerio. Con el falamos de todos estes cambios que se aveciñan, e cos que se cumpre unha das reivindicacións históricas do SLG: abolir o mercado privado de cotas.
Na seguinte icona está dispoñible a entrevista completa.