Novas

  • Valoración da Mesa Leite

    Valoración da Mesa Leite

    • 04,Mar 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A nós parécenos irreal pensar a estas alturas que a solución pode vir por asinar máis ou menos contratos, xa que todos e todas sabemos que un contrato de tres meses non é unha garantía de recollida, e que a non existenza de prezo mínimo significa que a industria utiliza o contrato para impoñer o seu prezo, e non á alza, precisamente… Esta é a verdadeira razón de por que os gandeiros e gandeiras son reacias a asinar contratos: porque se prestan para unha utilización perversa.

     

    Pola contra, acreditamos que non hai solución para este sector pola vía do mercado liberalizado. As administracións deben admitir esta máxima e traballar en procurar medidas de regulación de mercado e control da produción, mudando as políticas agrarias para que teñamos prezo mínimo remunerador do noso traballo.

     

    É o momento de aproveitar a presidencia do Estado na UE para procurarmos estabilidade e transparencia para o sector, xa que actualmente en todas as instancias da política europea, nas que os e as representantes políticas da Galiza e o Estado participan, estase a trazar xa a política leiteria para despois do 2013 (reforma da PAC).

     

    Se seguimos pola vía da total liberalización, os máis fortes imporán os seus intereses (distribución) e o resto da cadea estará en función deles, o que seguirá a provocar no sector productor prezos que impedirán a supervivencia das nosas explotacións.