Novas

  • Unha comitiva do SLG participa dende hoxe no Parlamento Europeo nun seminario para analizar a crise do sector lácteo

    Unha comitiva do SLG participa dende hoxe no Parlamento Europeo nun seminario para analizar a crise do sector lácteo

    • 02,Set 2015
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Isabel Vilalba será unhas das relatoras, na súa dobre condición de gandeira e representante da Coordinadora Europea da Vía Campesina, organización na que está integrado o SLG. Ademais, neste evento promovido pola eurodeputada galega Lidia Senra, tamén participarán gandeiros e gandeiras, persoas expertas e activistas sociais como Mikel Azkarate (Euskal Herria), Romuald Schaber (Alemaña), Nicolas Bezençon (Suíza), Diane Dowling (Canadá), Nestor Alfredo Díaz (Colombia) ou Gérard Choplin (Franza). Pódese descargar o programa na icona de abaixo.

    O seminario desenvolverase o 2 e 3 de setembro en Bruxelas e rematará o venres, 4 de setembro, cun encontro aberto na Galiza que terá lugar na Casa Común de Oza (Ribas, Teo, A Coruña) no que participarán tamén Isabel Vilalba, Lidia Senra, Diane Dowling e Nestor Alfredo Díaz. O remate do seminario está pensado, segundo as organizadoras, para “realizar unha posta en común das análises e conclusións acadadas, co obxectivo de identificar vías de articulación a través das cales acadar as demandas esixidas polo sector produtor, nomeadamente a fixación de políticas públicas que regulen os mercados e garantan un prezo mínimo polo leite que cubra custos de produción e remunere o traballo das gandeiras e gandeiros”.

    Comitiva SLG en Bruxelas