Novas

  • Un grupo de labregas vascas na Galiza para coñecer a agricultura desenvolvida por mulleres no noso país

    Un grupo de labregas vascas na Galiza para coñecer a agricultura desenvolvida por mulleres no noso país

    • 02,Xuñ 2014
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A xira destas agricultoras vascas por Galiza comezou o sabado, 31 de maio, cunha visita ao Mercado do Alimento Labrego dos Tilos, en Teo e un xantar coas mulleres que dan vida a esta feira. Xa pola tarde, as participantes viaxarán até Vedra para coñecer a actividade de Noa, Isa e Paula, tres mozas que veñen de iniciar o proxecto Feitoría Verde, que ademais da actividade de formación e asesoramento ambiental e agrícola, veñen de poñer en marcha un viveiro para producir planta ecolóxica.

    En Feitoría Verde Ao día seguinte, o 1 de xuño, houbo pola mañá un almorzo-conversa con Tareixa Ledo, autora do libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”; e Lupe Ces, activista social e integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Nesa mesma xornada, despois de xantar, tiveron unha nova saída de campo, desta vez para coñecer tres explotacións de horta ecolóxica e as tres mulleres que as rexentan no municipio de Rois.

     Hoxe, 2 de xuño, a actividade desenvolverase integramente a pé de explotación no centro e norte da provincia da Coruña, con visitas a labregas de Ordes, Miño, Irixoa e Teixeiro. Neste último concello comezará a xornada do 3 de xuño nunha explotación láctea e unha queixería; para partir, xa pola tarde, á Mariña lucense, onde terá lugar o final desta experiencia ao día seguinte, 4 de xuño. Nesa data, visitarase o mercado de Ribadeo e unha explotacións hortícola con obradoiro de conservas en Mondoñedo e, xa en horario vespertino, dúas explotacións laurentinas, unha de horta ecolóxica e outra de leite e faba de Lourenzá.