O pasado 17 de novembro o Sindicato Labrego Galego presentou un contencioso para que o Ministerio retirase semellante medida de coacción, que ademais estivo sendo utilizada polas industrias para amedrentar ás explotacións obrigándoas a asinar baixo a presión de non recibir as axudas da PAC. Agora o Ministerio de Medio Rural concédelle a razón ás argumentacións expostas polo SLG.
Felicitamos polo tanto a reconsideración e marcha atrás que o Ministerio fai desta medida e queremos subliñar unha vez máis, diante de toda a opinión pública e dos labregos e labregas en particular, que estas medidas de chantaxe que agora se retiran terán sempre o enfrontamento da nosa organización.