Novas

  • Terceiras Xornadas de  Viticultura Ecolóxica e Biodinámica

    Terceiras Xornadas de Viticultura Ecolóxica e Biodinámica

    • 03,Feb 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    030210

     

    Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, será a encarregada de dar comezo a unhas xornadas que se estructurarán en torno aos contidos presentados polo técnico enxeñeiro agrícola e consultor en viticultura ecolóxica e biodinámica, André Rodrigues Henriques da Silva .

    Ademais de afondar na viticultura biodinámica, as xornadas abordarán a xestión do solo, a autofertilización, a protección fitosanitaria ou a elaboración de extractos vexetais, entre outros aspectos.

    Na súa vertentente máis práctica, realizarase unha visita ás viñas de afiliados/as do Sinidicato Labrego Galego no concello de Castrelo de Miño, aproveitando tamén para realizar unha posta en común e compartir dúbidas e intercambiar coñecementos.

     

     

    ___________________________

    *Lugares de celebración: Complexo de Turismo Náutico de Castrelo de Miño na Avda. Alexandro Ferrer s/n. e local do SLG na rúa Virxe do Portal nº11, Ribadavia (Ourense).

     

    *André Rodrigues Henriques da Silva é técnico enxeñeiro agrónomo e na actualidade traballa coma consultor en viticultura ecolóxica e biodinámica, realizando asesoramento en diferentes viñas en todo Portugal, dende a zona dos Viños Verdes ate o Douro, Alentexo etc. Todas estas quintas elaboran os seus propios viños. É tamén membro de AGRIDIN (Associação Profissional Desenvolvimento Agricultura Biodinâmica e Biológica), organización na que imparte cursos de formación para labregas e labregos que queren escomenzar a traballar neste tipo de agricultura. Desctaca tamén a sua laboura de investigación na utilización de novos extractos vexetais de diferentes especies de plantas na procura de solucións para os distintos problemas dos cultivos.

     

    FICHEIRO PARA DESCARREGAR:

    Programa das xornadas