Novas

  • Tareixa Ledo Regal presentou o seu libro sobre Lidia Senra Rodríguez en Lugo nun emotivo acto xunto a varias xeracións de afiliados e afiliadas do SLG

    Tareixa Ledo Regal presentou o seu libro sobre Lidia Senra Rodríguez en Lugo nun emotivo acto xunto a varias xeracións de afiliados e afiliadas do SLG

    • 15,Abr 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Neste libro, Tareixa Ledo Regal contrapón o xeito clásico de liderar, vencellado polo xeral a esquemas machistas e de carácter frío, piramidal e mandatario; con outro xeito de liderar que está sendo reinventado por mulleres como Lidia Senra, que se caracteriza pola súa calidez, proximidade e confianza coas persoas. Boa parte da intervención de Tareixa centrouse tamén en “poñer en valor a vida e a contribución das mulleres labregas”, protagonistas do seu libro xunto á ex-secretaria xeral do SLG.

    Todos e todas coincidiron á hora de valorar este acto como moi emotivo, pois a presentación do libro deu lugar a que aflorasen as lembranzas entre os e as asistentes, moitas persoas colaboradoras ou afiliadas dende as orixes do Sindicato Labrego Galego que tivo as súas raíces e levou a cabo loitas que foron históricas para Galiza, precisamente, na provincia de Lugo.

    Presentación lugo 1Presentación Lugo 2