Novas

  • Sonia Vidal Lamas centrará o seu traballo no Comité Coordinador da ECVC en áreas como Mulleres ou Mocidade

    Sonia Vidal Lamas centrará o seu traballo no Comité Coordinador da ECVC en áreas como Mulleres ou Mocidade

    • 06,Xuñ 2019
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A xuntanza fíxose na capital romanesa coincidindo coa reunión do Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da Unión Europea nesta cidade. Precisamente, unha das cuestións tratadas polo Comité Coordinador da ECVC foi analizar os resultados das Eleccións Europeas e como afrontalos dende unha perspectiva de traballo coa Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (Comagri).

    A nivel interno, tamén se fixo o reparto de responsabilidades de traballo no seo do Comité Coordinador. Neste senso, Sonia Vidal levará o maior peso da xestión da área de Mulleres e, xunto a outras compañeiras, tamén coordinará Mocidade, o desenvolvemento da Declaración dos Dereitos Labregos da ONU ou as accións de La Vía Campesina en Europa ao redor do Decenio da Agricultura Familiar da FAO.

    ECVC RomaníaECVC Romanía