Novas

  • SLG, UUAA e XXAA úrxenlle ao Conselleiro de Medio Rural a urxente convocatoria da mesa do leite

    SLG, UUAA e XXAA úrxenlle ao Conselleiro de Medio Rural a urxente convocatoria da mesa do leite

    • 23,Set 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Nunha carta dirixida ao conselleiro de Medio Rural, as tres organizacións sindicais destacan o difícil momento económico deste piar do rural galego, “agravado polo período de seca que vivimos e o encarecemento dos custos de produción”. Para as organizacións agrarias, agora é o momento de que a Administración autonómica se implique definitivamente na busca de solucións ao sector.

    A isto hai que engadir o diferencial cada vez maior entre os prezos do leite que se lles pagan ás explotacións galegas, ás doutras comunidades autónomas e ás do resto da Unión Europea. Así por exemplo, a media do prezo do leite en Galicia deste ano ata o mes de agosto foi de 0,301 euros por litro de leite fronte a Andalucía onde o prezo do litro de leite foi de 0,347 euros; a Asturias onde se pagou a 0,330 euros por litro; e Cataluña cunha media de 0,325 euros por litro de leite.

    Na seguinte táboa reflíctense os prezos do leite no segundo trimestre deste ano e dela se despréndese que a presenza de Galicia nos últimos postos en canto ao prezo do litro de leite nos tres meses.

    EVOLUCION DE PRECIOS €/litro (medias ponderadas) 1

    Comunidade Autónoma

    Abril

    Maio

    Xuño

    Andalucía

    0,350

    0,349

    0,343

    Aragón

    0,325

    0,323

    0,324

    Asturias

    0,327

    0,327

    0,337

    Baleares

    0,295

    0,294

    0,294

    Cantabria

    0,303

    0,302

    0,313

    Castela-A Mancha

    0,331

    0,328

    0,329

    Castela e León

    0,316

    0,315

    0,312

    Catalunya

    0,323

    0,319

    0,333

    Extremadura

    0,343

    0,338

    0,335

    Galiza

    0,302

    0,301

    0,302

    Madrid

    0,319

    0,319

    0,320

    Murcia

    0,327

    0,327

    0,328

    Navarra

    0,319

    0,316

    0,318

    Euskadi

    0,321

    0,318

    0,320

    A Rioxa

    0,330

    0,325

    0,322

    C.Valenciana

    0,348

    0,347

    0,348

    A isto hai que engadir o diferencial cos prezos europeos que nos sitúan a unha media de 5 céntimos por debaixo en litro de leite.

    Para as tres organizacións agrarias, esta situación non é de recibo nunha rama da actividade económica que soporta a poboación e a economía do 80% do territorio de Galicia e nun momento especialmente delicado para a viabilidade e supervivencia das 13.000 explotacións lácteas da comunidade.

     

    1 Datos do Informe de Prezos Abril-Xuño 2011 do MARM.