Novas

  • SLG, ORGACCMM, FEG, Amigos da Terra e Frouma piden a Mesa dos Lumes para traballar nun Pladiga de consenso

    SLG, ORGACCMM, FEG, Amigos da Terra e Frouma piden a Mesa dos Lumes para traballar nun Pladiga de consenso

    • 27,Abr 2018
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Neste 2018, volveu celebrarse unha xuntanza do Consello Forestal o pasado 18 de abril para tratar o Pladiga 2018. Neste caso houbo un xesto de boa vontade por parte da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, que expresou a súa vontade de constituír unha Mesa Galega dos Lumes, tal e como esiximos o ano pasado, para facermos un Pladiga de consenso.

    Porén, o documento aprobouse por parte do Consello da Xunta ao día seguinte. De novo, o Pladiga se nos deu como algo consumado e sen a participación dos axentes sociais do sector, co agravante de que se volveu calcar o plan do ano pasado -só orientado á extinción e con serias eivas- con moi poucos cambios nada significativos a pesares da tráxica vaga de incendios de outubro de 2017, que deixou catro persoas mortas e 49 hectáreas arrasadas (62.000 no cómputo global da campaña). Nese senso, ademais de sentirnos enganados, seguimos sendo moi críticos cun Pladiga cuxa efectividade vese que é máis que cuestionable (ver bit.ly/MesadoLume).

    Polo tanto, instamos á Consellaría de Medio Rural e, nomeadamente, ao director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, a convocar de inmediato a Mesa Galega dos Lumes de cara a ir sentando as bases dun diálogo e traballo entre a administración e os axentes sociais para comezar a deseñar e construír, dunha vez por todas, unha política efectiva de prevención de lumes para Galiza.