Novas

  • SLG e Aperfasa convocan unha manifestación conxunta o 8 de maio para esixir solucións aos danos da fauna salvaxe

    SLG e Aperfasa convocan unha manifestación conxunta o 8 de maio para esixir solucións aos danos da fauna salvaxe

    • 09,Abr 2019
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    O anuncio foi feito nunha rolda de prensa en Lugo na que participaron, por parte do SLG, a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, e o técnico especialista en fauna salvaxe, Brais Álvarez; e, por parte de Aperfasa, o seu secretario, Andrés Saavedra, e o seu presidente, José Antonio Muíño.

    Dende o Sindicato Labrego Galego, seguimos a defender as demandas que xa fixemos públicas o 25 de marzo para solucionar esta problemática que afecta en especial ás actividades agrogandeiras e forestais. (Consultar AQUÍ)

    SLG e Asperfasa tamén acordamos establecer contactos con diferentes organizacións do sector agrario e gandeiro e varios encontros de traballo para acordar unha táboa reivindicativa común que se fará pública antes da manifestación do 8 de maio.

    SLG Asperfasa