Novas

  • Slg, Aga, Verdegaia e a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume critican a actual política forestal que leva consigo milleiros de hectáreas calcinadas no país

    Slg, Aga, Verdegaia e a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume critican a actual política forestal que leva consigo milleiros de hectáreas calcinadas no país

    • 16,Ago 2012
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    1º.-A nosa solidaridade coas persoas vítimas polo Gran Incendio que leva arrasadas maís de 1000

    hectáreas no Barco de Valdeorras e mui en especial con aqueles que tiveron que ser atendidas polos
    servizos de urxencias sanitarios ou perderon as súas casas e enseres. Tampouco queremos esquecer
    os veciños e veciñas dos outros incéndios activos en Lugo e en Ourense.

    2º.-Denunciar a inoperancia da Xunta de Galicia para preveer e extinguir os incéncios forestais que

    se estan a converter nunha autentica praga que esquilma o medio ambiente forestal, produce
    grandes perdas económicas e pon en perigo a integridade física das persoas, cada vez con máis
    frecuencia.

    3º.-Denunciar a política da Xunta de Galicia que aposta por medidas contrarias á explotación
    racional do monte e favorece de xeito indirecto a pragas dos incéncios forestais; boa proba desto e a
    recente aprobación da Lei de Montes ou o borrador do cultivos enerxéticos forestais.

    4º.-Denunciar as políticas da unión europea, goberno central e Xunta de Galicia que tenden ao
    abandono do medio rural co peche de explotacións agrarias e gandeiras convertendo esta políticas
    nun dos factores fundamentais na expansion dos incéndios forestais e na imposibilidade do seu
    control.

    5º.-Denunciar a reducción nas partidas orzamentais na prevención e na extinción de incéndios que o
    goberno do Sr. Feijoo ven facendo o que conleva menos medios materiais e humans para o control e
    a prevención dos incéndios forestais.

    6º.-Trasladar a opinión pública que as 4 organizacións decidiron sumar os seus esforzos e criar unha
    organización nacional galega permanete que teña como fin vixiar, debater, propoñer, denunciar e
    movilizar no intento de forzar actuacións e medidas políticas que rematen dunha vez coa praga
    incendiaria que todos os anos asolan Galiza e que nos últimos 40 anos suman tantas hectáreas como
    se o territorio galego tivera ardido unha vez na súa totalidade.

    7º.-As 4 organizacións facemos un chamamento á sociedade civil e as distintas organizacións
    (culturais, deportivas, veciñais, sindicais, políticas, cooperativas, persoas a titulo individual, ….)
    para organizarse e movilizarse e presionar as distintas instancias administrativas e políticas para que
    dunha vez por todas se tomen as medidas precisas para combater e preveer de xeito efectivo a praga
    dos incéndios forestais na Galiza. 

    lume preto das casas