Esta Guía pretende aportar a experiencia de quenes a elaboramos, para axudar a romper con esa desgraciada dinámica e introducir hábitos de uso e manexo seguro e racional da maquinaria coa que traballamos habitualmente.
A tal fin, comezamos este traballo centrándonos en primeiro lugar na problemática da accidentalidade viaria e do xeito de encarar correctamente a subsanción dos erros máis frecuentes.
No marco deste apartado, analizaremos con detalle cales son as causas máis importantes da siniestralidade viaria e cal debe ser o comportamento a adoptar en aras a minimización dos riscos viais.
A Guía que tendes diante, con todo non quixo cinguirse exclusivamente ao ámbito da problemática da seguridade vial, senón que vai mais alá e trata co mesmo rigor e profundidade aqueles riscos potenciais no uso da maquinaria que non teñen relación directa coa seguridade vial, pero que constitúen igualmente unha importante fonte de riscos no traballo coas diversas máquinas e os seus apeiros.
Así no apartado segundo desta Guía analizamos aquelas operacións máis básicas e habituais que se realizan a cotío coa maquinaria agrícola e cos correspondentes apeiros, así como os riscos máis frecuentes que de tales usos se deriva.
Con todo, esta Guía centra a maior parte da súa análise de riscos e das recomendacións de Seguridade arredor do tractor, xa que o tractor é en termos cuantitativos a máquina agrícola de maior uso e por conseguinte a máquina que por esa frecuencia de uso máis riscos potenciais implica para a seguridade e saúde dos agricultor@s e demais usuarios habituais ou ocasionais.
Esperamos que se convirta nunha ferramenta útil e didáctica, que vos axude a traballar máis seguros e con maior conciencia dos riscos e perigos aos que enfrontamos a diario.
Sindicato Labrego Galego (Gabinete de Formación)
(*) ver manual no arquivo adxunto….