Novas

  • “Se isto segue así, o sector lácteo entrará nunha folga de entregas permanente, pois moitas explotacións pecharán antes da primavera”

    “Se isto segue así, o sector lácteo entrará nunha folga de entregas permanente, pois moitas explotacións pecharán antes da primavera”

    • 27,Nov 2012
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Na comparecencia ante os medios de comunicación, foi Xabier Gómez Santiso, como coordinador dos sectores gandeiros, quen falou en representación do Sindicato Labrego Galego. Santiso denunciou que o sector lácteo chegou a unha situación “kafkiana”, na que “canto máis produce, máis cartos perde”; e advertiu que, de seguirmos cun nivel de prezos como o actual, ao redor dos 28 céntimos por litro, “o sector lácteo entrará nunha folga de entregas permanente, pois moitas explotacións terán que pechar as portas antes de que chegue a primavera”.

    Polo momento, e mentres industria e distribución non movan ficha, a folga de entregas seguirá de xeito indefinido. 

     

     

    undefined