1. ENGRENAXES
Os puntos de engrenaxe son frecuentes nos sistemas de transmisión de potencia: o motor xera o traballo, e este transmítese aos diferentes mecanismos a través de correas, de rodas dentadas e/ou carretes. O risco maior no traballo con engrenaxes e sen dúbida a collida das extremidades superiores (man e brazo).
Medidas de protección e prevención
Toda engrenaxe que poda entrar en contacto con calquera parte do corpo debe estar totalmente protexido.
Coñecer os puntos perigosos das máquinas e non achegarse a eles.
Non efectuar labores de reparación e/ou mantemento até que todas e cada unha das súas partes se achen detidas.
Se se realizan labores de reparación, adoptar todas as medidas oportunas para que ninguén poda accionar a máquina accidentalmente.
2. ZONAS DE COLLIDA E ENGANCHE
Cada compoñente xiratorio dunha máquina é un potencial punto de collida. Os eixos e os elementos rotatorios son os principais elementos mecánicos responsábeis deste tipo de accidentes. O mecanismo habitual de accidente está asociado ao enganche previo de algún elemento da vestimenta do operario.
Riscos que xeran as zonas de collida ou enganche
Un simple fío, un extremo do mono como a perneira ou a manga, ou unha esgazadura, son elementos capaces de engarzarse co elemento en movemento.
A roupa enrédase en torno ao mecanismo que xira. Dada a resistencia dos tecidos empregados na confección da roupa, o operario non os pode romper ou resgar, e é violentamente arrastrado, sendo atrapado finalmente polos órganos en movemento, producíndose amputacións, lesións graves e mesmo mortais.
Un caso especial de enrolamento especialmente dramático é o asociado ao pelo longo sen recoller.
Medidas de protección e prevención
A toma de forza dos tractores debe de estar protexida por un escudo situado encima do seu extremo, e por un forro, que a recubra cando o vehículo non está a ser utilizado.
Todo eixo de transmisión de forza debe de estar recubrido por un protector homologado. En caso de deterioro, dito protector será inmediatamente substituído.
Baixo ningunha circunstancia se deben retirar nin o forro de protección da toma de forza nin o protector do cardan.
Por inocuo que semelle, todo cardan traballando, mesmo con unha protección en bo estado, entraña un risco. O operario debe evitar pasar por encima.
3. ZONAS DE CIZALLA E PUNTOS DE CORTE
Existen puntos de corte en todo lugar onde dúas pezas se desprazan unha a través da outra (como tesoiras). Criase un punto de corte cando un obxecto se despraza con forza suficiente para cortar material relativamente mol.
A maioría dos accidentes se producen sobre persoas que, accidentalmente, se colocan na área de traballo da máquina.
As ferramentas manuais con finalidade cortante dotadas de motor (motoserra, trade, rozadora manual…) ou sen el (macheta, tesoiras de podar, etc…) xeran accidentes cortantes de diferentes intensidades. Na súa maioría provocados por un manexo inadecuado da ferramenta.
Na parte traseira do tractor engánchanse diversos tipos de máquinas e elementos de corte, co que se debe pór unha atención máxima nestas accións.
Medidas de protección e prevención
Toda zona de corte dunha maquinaria agrícola debe de se achar protexida.
Coñecer as partes de risco de cada máquina. Afastarse das zonas cortantes cando estas estean en movemento.
Non colocarse dentro do área de acción destas máquinas.
As ferramentas de corte manuais deben atoparse en bo estado e empregarse para o uso previsto. Finalizado o seu uso protexer convenientemente a parte afiada e colocala no seu lugar.
En caso dunha intervención nestes mecanismos, debese sempre parar o sistema de engrenaxe, deter o motor e esperar que os dispositivos estean inmobilizados.
4. ZONAS DE ESMAGAMENTO
Unha equipa erguida por un gato, as portas dun sistema hidráulico elevado ou a porta dunha carreira suspendida, son exemplos de puntos de esmagamento en potencia.
Riscos que emanan das zonas de esmagamento
Posicionamento de operarios baixo obxectos suspendidos.
Accións de unión e desenganche de apeiros.
Traslado de obxectos pesados entre varios traballadores.
Operacións de mantemento baixo apeiros insuficientemente suxeitos.
Manipulacións baixo caixas basculantes en posición elevada.
Medidas de protección e prevención
Recoñecer todas a zonas e situacións posíbeis de esmagamento antes de iniciar un traballo. Afastarse de zonas perigosas.
Asegurarse de que os obxectos están estábeis, cando se traballe embaixo delas ou cando se está nas súas proximidades.
Bloquear con calzos as rodas de máquinas que corran o risco de rodar libremente.
5. PUNTOS CON INERCIA
Os mais coñecidos son os volantes de inercia, compoñente dun motor ou dunha máquina destinado a regular o seu funcionamento. Está constituído por unha roda ou por un disco de ferro fundido ou de aceiro que vai fixado sobre o eixo do motor.
Nalgunhas máquinas agrícolas existen volantes de inercia que continúan xirando durante varios segundos despois de que fosen desconectados, por exemplo algúns tambores-cortadores de empacadoras, que teñen un tempo de parada da orde de 2 minutos.
Riscos
Interrupcións súbitas no traballo. Comprobar o o que aconteceu sen ter en conta que parte dos mecanismos aínda están en movemento.
Comprobacións sobre máquina parada. Parte dos elementos de inercia poden acharse en situación de equilibrio inestábel. A mais mínima presión ou empurre pode provocar o seu troco á posición de equilibrio estábel, coa conseguinte activación dos elementos solidarios e a posibilidade de provocar un accidente.
Medidas de protección e prevención
Coñecer o que partes das máquinas constan de dispositivos inerciais, onde se achan situados e o que mecanismos accionan.
Todas as zonas de máquinas con masas inerciais disporán dos convenientes resgardos de seguranza.
Asegurarse da parada total dos mecanismos.
Non tentar xamais axudar á detención dunha parte móbil da maquinaria, nin mediante ferramentas nin moito menos apoiando as extremidades.
6 ZONAS DE PROXECCIÓN
Determinadas máquinas poden proxectar partículas e elementos de diversos tamaños con grande forza e a grande velocidade. O coñecemento das máquinas que comportan tal risco permite evitar estes accidentes e traballar de tal maneira que outras persoas tampouco non corran perigo.
Os riscos mais importantes de accidentes por proxección de obxectos están relacionados con máquinas provistas de compoñentes rotatorios que xiran a grande velocidade e que están en contacto con elementos exteriores libres, como determinadas máquinas que cortan e recollen forraxe.
Riscos
Segadoras rotativas e rozadoras: Contan con tambores provistos de coitelas que ao xirar
cortan o forraxe. Se neste xiro atopan obxectos mais mestos, como pedras, estas poden saír despedidas a grande velocidade. En certos casos, son as mesmas coitelas as que se desprenden ou pártense, transformándose en proxectís mortais.
As rozadoras de martelos son elementos especialmente perigosos neste sentido.
As mais perigosas son, sen dúbida, as rozadoras manuais, xa que o traballador que manexa a máquina se acha moi próximo a ela, sen ningunha barreira física.
As máquinas de recompilación, como as malladoras, poden soltar grans de cereal, de escaso risco salvo no caso de impacto co globo ocular.
Medidas de protección e prevención
Coñecer ben as máquinas con especial dedicación ás partes susceptíbeis de lanzar ao exterior proxeccións de materiais duros, propios ou alleos.
Manter as máquinas debidamente protexidas.
Garantir que as proteccións se achan en bon estado.
Asegurarse de que volveron a ser instaladas correctamente despois de operacións de mantemento e/ou reparación.
Coñecer cual é a distancia máxima de proxección para un apeiro ou ferramenta determinado, e manter dita distancia de seguranza libre de persoas.
Usar a equipa de protección correspondente, coherente co tipo de traballo.
7. PUNTOS DE ENERXÍA CONCENTRADA
Existen diversos mecanismos para acumular enerxía. En condicións normais estes carecen de risco, pero non é así cando por circunstancias excepcionais se libera a enerxía acumulada, podendo causar danos, e en algúns casos, abondo graves.
Riscos
Ruptura accidental.
Manipulación en labores de reparación e mantemento.
8. SISTEMAS HIDRÁULICOS
Son dispositivos que soportan en situacións de traballo elevadas presións.
Saber se un resorte traballa a tracción ou compresión.
Coñecer o seu estado de tensión.
Saber os mecanismos que acciona.
Coñecer como responde o conxunto baixo de accións externas.
Coñecer a súa situación de equilibrio e como lograla .
Establecer mecanismos e rutinas de seguranza a adoptar en reparacións e/ou substitucións.
Revisar meticulosamente todas as canalizacións hidráulicas e os seus acopios.
Respectar todas as rutinas e revisións descritas polo fabricante.
Vixiar as fixacións ás carcasas.
Para a súa manipulación ou substitución, pór todos os elementos hidráulicos en posición de descanso, e ter a seguranza de purgar a enerxía residual da sistema.
9. ESVARÓNS E CAÍDAS
Son accidentes frecuentes e sinxelos de evitar. Distínguense cinco grupos:
-Ao subir ou baixas de tractores ou máquinas
Non saltar da cabina.
Non baixar dun vehículo en marcha.
Utilizar o sistema de escadas e agarradeiras.
Manter os accesos limpos e en bo estado de conservación.
Limpar a sola de calzado antes de subir á cabina.
-Superficies e chans esvaradíos
Actuar lentamente, asegurar os pasos e estar atentos á superficie e aos posíbeis obxectos que podan provocar perda de equilibrio.
Utilizar calzado antiesvarante.
Manter limpa o área de traballo.
Retirar calquera elemento ou substancia que poda orixinar esvaróns (lama, neve, aceite…)
-Sobre superficies de áreas de traballo habituais
Manter limpa o área de traballo.
Limpar posíbeis derrames de aceite e combustíbel.
Manter unha iluminación correcta.
O calzado debe ter unha sola con adherencia suficiente.
Retirar o xeo das zonas de transito durante o inverno ou verter area sobre elas.
-Traballos en alturas
Empregar a ferramenta adecuada: andamios protexidos, escadas en bo estado…
Evitar as solucións provisionais, como moreas, mesas, subirse encima do tractor… É moi perigoso.
Nunca empregar as púas ou pau do tractor para subir a ninguén.
-Traballo sobre cubertas de instalacións agrícolas
As cubertas acostuman ser de uralita ou tellas. Ambas superficies son enganosas e perigosas. A uralita é pouco resistinte e degradase á intemperie. En cubertas de tellas de instalacións vellas con armazón de madeira e/ou canizo, pode haber podremia e crearse áreas moi fráxiles que non se distinguen ao estar cubertas con tellas.
Adoptar rutinas de seguridade á hora de efectuar reparacións.
Ascender á cuberta empregando sempre un procedemento seguro e adecuado.
Ter sempre presente que calquera cubrida é insegura e pode ser incapaz de sustentar a unha persoa.
Instalar un adecuado sistema anticaídas.
Definir e asegurar os puntos de ancoraxe se se opta por un cinto anticaídas.
10. TRABALLO CON AIRE COMPRIMIDO E ELECTRIDIDADE
-Aire comprimido
Coñecer as presións limite indicadas polo fabricante. Non superar esa presión xamais.
Manter en bo estado válvula de seguridade.
Evitar xogar e gastar brincadeiras co ar comprimido.
-Electricidade
Evitar amaños caseiros. As reparacións eléctricas deben ser confiadas a especialistas.
Utilizar ferramentas con revestimento illante sempre que sexa posíbel.
Non alterar os fusíbeis.
Utilizar botas de goma con sola non condutora e forro seco para realizar traballos eléctricos en zonas húmidas.
Non tocar un cable eléctrico ou partido en ningún caso.
Ante a dúbida, presupor que toda parte da instalación se acha en tensión.
Desconectar a batería antes de efectuar labores de reparación e/ou mantemento.
11. AS MÁQUINAS MÁIS COMÚNS E OS SEUS RISCOS
-Arados
Debe levar un dispositivo que lle permita desengancharse para evitar que, ao atopar unha forte resistencia no terreo, o tractor se empine.
É moi importante manter sempre ben engraxados estes dispositivos de seguranza.
Ao enganchar o arado ao tractor, existe un grande risco de ficar aprisionado.
Para regular o arado debe pararse o tractor e, unha vez verificada a operación, polo en marcha novamente.
É perigoso situarse embaixo do arado, suspendido polo sistema hidráulico, para realizar axustes.
-Rotovator
As follas xiratorias do rotovator deben estar protexidas por un resgardo metálico que impida as proxeccións de pedras, así como a posibilidade de que alguén poda introducir un pé ou unha man.
Cando se teña que retirar maleza ou raíces, deberá deterse o tractor e pararse o motor, para evitar que a máquina poda pórse en movemento por desleixo e ocasione collidas.
-Anciños.
Para aumentar a presión do anciño sobre o terreo, deben utilizarse obxectos pesados, xamais persoas; que o risco de accidente por caída é evidente.
Para transportar os anciños dun lugar a outro, debe conducirse a pouca velocidade e sinalar as partes saíntes con trapos vermellos de dia e con luces vermellas de noite.
Pór especial coidado nos xiros, para que a cadea de arrastre da grade non fique atrapada por unha das rodas traseiras, que a erguería até petar o lombo do condutor.
-Distribuidores de esterco
As partes móbiles do transportador de esterco e do distribuidor, que sobresaian dos lados da caixa, deben estar protexidas por unha pantalla que impida a acumulación de esterco.
Non se debe cargar en exceso, xa que se poden producir compresións que orixinan accidentes moi graves cando se tenta desfacelos empurrando. Se isto ocorrese, se debe parar o tractor totalmente e empurrar con un rabo de madeira ou un gancho de arame forte.
-Estrumadoras
Para o manexo de estrumes orgánicos, deben utilizarse luvas de neopreno ao obxecto de evitar queimaduras nas mans producidas por estes produtos. Ao efectuar a carga do estrume, deben empregarse gafas de seguranza.
Non se debe regular a dosificación do estrume coa máquina en marcha, xa que poden producirse collidas imprevistas.
Non desentupir nunca en marcha o distribuidor dunha estrumadora centrífuga.
Antes de pór en marcha unha estrumadora, hai que comprobar que todos os protectores dos seus órganos móbiles están no seu lugar.
Nunca se debe estrumar co vento de costas, se é posíbel, facelo co vento de fronte.
-Sementadoras
A maioría dos accidentes con este tipo de máquinas, se producen ao introducir os dedos na moegas de distribución de sementes para remexelas e ao baleirar os sacos. Por iso debe protexerse a moega cunha grella ou reixa que impida que os dedos entren en contacto cos elementos distribuidores.
O axudante que vaia na sementeira, debe dispor dun pescante seguro e agarradeiras axeitadas.
-Segadoras
As coitelas destas máquinas deben levar barras ou resgardos de protección.
Deben contar cun dispositivo que desconecte a barra de corte cando tropece con algún obstáculo.
Non se deben realizar axustes preto das partes en movemento da máquina.
Durante o traslado da segadora dun lugar a outro, a barra de corte debe ir en posición vertical e sostida por un ferrollo que a asegure firmemente a esta posición.
Xamais debe tentarse limpar ou despexar a coitela estando está en funcionamento porque o risco de accidente é extremo. Mesmo coa coitela parada existe o risco de cortes.
-Volteadoras, acondicionadoras e fiadoras
Cando unha volteadora se transporte por estrada, deben cubrirse adecuadamente as púas.
Deben manexarse con coidado, dado o perigo que presentan as púas e dentes agudos.
-Empacadoras
Calquera operación de axuste, reparación ou engraxe, debe facerse coa máquina parada.
En caso de atasco dun recolledor, desconectarase a toma de forza, antes de proceder á súa limpeza.
Debe evitarse traballar con roupas folgadas ou frouxas, xa que poden ser atrapadas por órganos móbiles.
Non limpar nunca o mecanismo atador coa man cando a máquina estea traballando, xa que existe o risco de que se produzan lesións graves nos dedos.
-Colleitadoras de forraxe
Cómpre non entrar en contacto coas coitelas do cilindro picador, ao intentar desatascalo. Para realizar calquera intervención na máquina, deberá pararse antes.
-Colleitadoras de cereais
As correas, poleas, eixes saíntes e outros elementos móbiles, deben estar protexidos por cubertas, sexan fixas o abatibles. Hai que evitar acercarse ao molinete en movemento.
Cando se levante o molinete para efectuar algunha inspección o axuste, ha de asegurarse ao elevador hidráulico con un tope de seguridade que o manteña firme na posición elevada, para que non poida caer sobre o operador.
Igualmente podería ocorrer que as coitelas da barra de corte se poñan en movemento imprevisiblemente.
Por este motivo, recoméndase parar sempre o motor, antes de realizar calquera intervención na máquina.
Dadas as condicións de calor en que adoitan traballar as colleitadoras, o risco de incendio é elevado.
Debe evitarse que os tubos de escape desemboquen preto do chan. Ademais, dotaráselles de dispositivos apagafaíscas. Tamén e moi aconsellable levar na colleitadora un extintor de incendios.
-Maquinaria de aplicación de fitosanitarios. Normas de seguridade.