Condicións de prevención e de protección que se deben coñecer
As vibracións nos vehículos agrarios son producidas polos motores e as transmisións, e difúndense ao condutor a través do asento, do volante e de outros elementos de mando ou ben polos abaneos propios do estado do terreo (estes son os máis lesivos).
Débense estudar e prever actuacións para reducir as vibracións.
Evitar a xeración de vibracións cun mantemento axeitado. Por exemplo, a substitución de rodamentos danados, e eliminar folguras.
Nunha máquina débense suxeitar fortemente as compoñentes metálicas.
Dotar dun bo amortecemento a cabina.
Utilizar asentos dotados de amortecemento de resortes, amortecedores o pneumática, que sexan ergonómicos e individualizables.
Adaptar a velocidade ao estado do terreo.
Realizar un bo mantemento da máquina, carburación, afiado…
Dotar as distintas máquinas con empuñaduras de amortecemento nos seus puntos de agarre ou prensión.
Suxeitar a ferramenta correctamente pero coa menor forza posible.