O principal axente de grave de risco nos depósitos de residuos gandeiros (fosas de zurro) e en consecuencia o principal causante de mortes nesa tarefa e o ácido sulfhídrico (SH2).
O sulfhídrico presenta un olor moi característico a Ovos podres, que se detectaa concentracións moi baixas (0,05 p.p.m.) Sen embargo, constitúe un graveerro empregar esta característica como único elemento de alerta. Está comprobado que a concentracións tan baixas como a descrita, o ácido sulfhídrico satura a pituitaria olfactiva en poucos minutos, deixando de percibirse. A concentracións superiores a 100 p.p.m. provoca a parálise do nervio olfactivo, polo que xa non se detecta e convértese nunha sustancia mortal con concentracións de tan so o 0,2% (2.000 p.p.m.) Polo tanto, en calquera circunstancia laboral na que sexa previsible a presencia de SH2 hai que actuar como si dito gas estivera presente a concentracións perigosas.
Os accidentes deste tipo acontecidos soen saldarse con feridos moi graves, e sobre todo con resultados de morte. E o principal factor de risco con resultado de morte na gandería .
Aínda que se soe referir a eles como morte por asfixia o término e inexacto: o factor envelenamento e o SH2 que e o que ocasiona a morte.
Existen dous elementos que xustifican a letalidade do proceso: as baixas concentracións nas que pode transformarse o ácido sulfhídrico nun veleno mortal e o proceso de saturación olfactiva.
A maioría dos casos de morte están asociados a situacións de atasco en sumidoiros e conducións de zurro, nos que o operario descende para realizar traballos de mantemento e limpeza.
O SH2 encóntranse difundido no seo do zurro. A concentración que se atopa na atmosfera e notoriamente inferior a existente no seo das dexeccións, de modo que os procesos de axitación e turbulencias provocan un súbito afloramento do gas a superficie, alcanzando en segundos concentracións mortais.
Cando dito proceso coincide con áreas deprimidas carentes de ventilación como sumidoiros, conducións ou depósitos, a combinación resultante e extremadamente perigosa, e como tal debe ser tida en consideración por calquera traballador que circunstancialmente deba desempeñar tarefas deste tipo.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN A ADOPTAR
OUTRAS MEDIDAS
En caso de producirse unha ferida nestes traballos ou con ferramentas que estiveran previamente en contacto con dexeccións, limpar coidadosamente con auga e xabón e acudir ao médico para que este ditamine se é necesaria a vacinación antitetánica ou outra medicación específica.