-
Rede de Sementes, COAG e SLG reclaman o dereito de labregos e labregas a vender e intercambiar sementes
- 05,Feb 2016
- Posted By : sicom
- 0 Comments
O Seminario cubriu plenamente as súas expectativas de informar a persoas clave sobre a situación das políticas públicas con respecto ao tema obxecto de debate; de crear un espazo de encontro entre expertos e expertas de medios de comunicación, universidades, organizacións sociais, partidos políticos e cargos públicos; e propiciar avances normativos e políticos no Estado Español.
Diante dos e das máis de 70 participantes, as entidades organizadoras aproveitaron para subliñar o seu rexeitamento proxecto de Real Decreto para o regulamento do Programa de Conservación e Utilización Sostible dos Recursos Fitoxenéticos para a Agricultura e a Alimentación presentado polo Ministerio de Agricultura en xullo. Ademais, dende a Rede de Sementes, COAG e o Sindicato Labrego Galego, esiximos ao Ministerio:
- O respecto do dereito dos labregos e das labregas a utilizar, intercambiar e vender as súas propias sementes. Os labregos e as labregas que fan venda directa de sementes como complemento da súa actividade deben estar exentos e exentas das mesmas esixencias que o resto de operadores.
- As microempresas artesanais que producen e comercializan sementes de variedades locais necesitan regras adaptadas á súa actividade, completamente diferente da que realizan as grandes empresas de sementes de producións deslocalizadas e distribución quilométrica.
- Son necesarias regras adaptadas para o rexistro das variedades destinadas a agricultura ecolóxica e para a agricultura a pequena escala.
- Os labregos e labregas, e os consumidores e consumidoras, deben ter a posibilidade de elixir os alimentos que consomen e as plantas que cultivan. Demandamos transparencia nos métodos de selección utilizados para xerar as variedades e a propiedade intelectual que xestiona o seu uso. Esta información debe constar obrigatoriamente na etiquetaxe.