A rolda terá lugar no Hostal Restaurante Terra Chá (R/ Domingo Goas, Vilalba). Intervirán como voceiros Adolfo Cabarcos, Secretario de Sectores Gandeiros, e Margarida Prieto, Coordenadora Comarcal n´A Terra Chá.
Margarida Prieto Ledo, Coordenadora Comarcal n´A Terra Chá.
Rolda de prensa comarcal en Vilalba para darmos conta dos motivos e as reivindicacións que nos levan a apoiar as mobilizacións multisectoriais dos vindeiros 20 e 21de novembro, así coma as accións que serán levadas a cabo polo Sindicato Labrego Galego neste sentido.
A comarca d´A Terra Chá xuntarase ás mobilizacións que se desenrolarán o venres 20 dende as 12:00hrs diante do edificio da Xunta de Galiza en Lugo. Levaremos a cabo unha concentración reivindicativa e un mercado da transparencia, onde daremos conta á cidadanía dos prezos cobrados polo sector produtor en comparación cos importes presentes arestora no mercado.
Para acudir a Madrid o sábado 21 os autobuses sairán na noite do venres 20. Para máis información contactar co local do SLG de Vilalba.