Novas

  • Queremos Galego entregou 30.000 sinaturas de apoio a unha proposta de lei “para alicerzar os dereitos lingüísticos” no ensino e nas administracións públicas

    Queremos Galego entregou 30.000 sinaturas de apoio a unha proposta de lei “para alicerzar os dereitos lingüísticos” no ensino e nas administracións públicas

    • 19,Out 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    As sinaturas entregadas, que son soamente unha primeira remesa, corresponden con cidadás e cidadáns maiores de idade, que ostentan a condición política de galegas e galegos e figuran no censo electoral dalgún dos 315 concellos do país. Queremos Galego cumpre así “escrupulosamente”, segundo xa anunciara, coas condicións legais exixidas pola Lei 1/1988, que regula o dereito e o procedemento de iniciativa lexislativa popular en Galiza, malia que a Mesa do Parlamento decidira o pasado mes de marzo non admitir a trámite a petición da plataforma cidadá para desenvolver a ILP e finalmente se optase por unha campaña “paralela” de difusión social e recollida de apoios ao texto da proposta de lei, que se desenvolveu nos últimos meses por toda a xeografía galega.

     

    Máis

    Entrega de sinaturas