Novas

  • Que facer en caso de enfermidade ou accidente

    Que facer en caso de enfermidade ou accidente

    • 21,Set 2013
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    ENFERMIDADE COMÚN E ACCIDENTE NON LABORAL

    Prazo

    Temos 15 dias naturais dende que o persoal médico do SERGAS nos da a baixa médica para comunicar á mutua ou ao INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social) quen queda a cargo ou se pechamos a explotación.

    Documentación

    3 últimos cupóns da Seguridade Social, fotocopia do DNI, Certificado da conta bancaria, impreso de solicitude(cada mutua ten os seus), declaración de situación da actividade (moi importante entregala nos 15 dias naturais seguintes á baixa médica) e parte de baixa médica.

    Logo hai que entregar semanalmente os partes de confirmación que nos  da o/a médico/a de cabeceira.

    Onde se solicita?

    Hai que entregar a solicitude e a documentación ou no INSS ou na mutua  que temos escollida(se non lembramos cal é pódese preguntar na Seguridade Social).

    Canto se cobra?

    Os cálculos coa base mínima deste ano  son : 850,20 /30 = 28,34 €

    Os tres primeiros dias non se cobran

    Do 4º ao 20º día : 60 % 28,34= 17 €/día (289 €)

    Do 21º día en diante: 75 %= 21,26 €

    Duración da baixa

    O tempo máximo que se pode estar de baixa médica son 12 meses, que se pode  ampliar 6 meses máis se o decide a inspección médica.

    Impugnación da alta médica

    Se nos dan a alta médica e non estamos conformes coa alta temos 4 dias naturais para impugnala.

    ACCIDENTE DE TRABALLO

    Que se entende por accidente de traballo?

    Aquel dano ou lesión que vén como consecuencia do noso traballo. Por exemplo, unha caída cando estamos xuntando o gando nun prado.

    Prazo

    Temos o mesmo prazo que en enfermidade común/accidente non laboral; coa diferenza de que quen da a baixa médica é o persoal médico da mutua.

    Isto fai que sexa moi importante comunicar ou ir (se é posible) o mesmo dia ou canto antes á oficina da mutua máis achegada a onde vivimos.

    Documentación

    3 últimos cupóns da Seguridade Social, fotocopia do DNI, certificado da conta bancaria, impreso de solicitude(cada mutua ten os seus), declaración de situación da actividade (moi importante entregala nos 15 dias naturais seguintes á baixa médica) parte de baixa médica e parte de accidente de traballo(obrigatoriamente hai que envialo por Internet).

    Onde se solicita?

    Hai que entregar a solicitude e a documentación ou no INSS ou na mutua que temos escollida (se non lembramos cal é pódese preguntar na Seguridade Social).

    Canto se cobra?

    Os cálculos coa base mínima deste ano: 850,20 /30 = 28,34 €

    Cóbrase dende o dia seguinte á baixa médica

    28,34 € 75 %= 21,26 €

    Duración

    O tempo máximo que se pode estar de baixa médica son 12 meses, que se pode ampliar 6 meses máis se o decide a inspección médica.

    Impugnación da alta médica

    Se nos dan a alta médica e non estamos conformes coa alta temos 4 dias naturais para impugnala.

    Atención! Cando temos un accidente de traballo e imos ao hospital, logo debemos enviarlle unha copia do parte de accidente de traballo (se temos baixa médica) ou unha copia do parte de accidente sen baixa médica. Se non enviamos esta documentación o hospital enviará unha carta na cal di que se non lla enviamos emitira factura polo asistencia sanitaria.