Novas

  • Puntos de saída e percorridos da tractorada cara as cidades que terá lugar o vindeiro mércores 17

    Puntos de saída e percorridos da tractorada cara as cidades que terá lugar o vindeiro mércores 17

    • 13,Xuñ 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     Galiza tomada por tractores

     

    tractorada de Lugo:

    dende COSPEITO (10:30), VILALBA (11:00), XERMADE (10:30), GUITIRIZ (10:45)  e MEIRA (10:30) ata a Explanada Multiusos (Ronda da Muralla) LUGO

    mapiña:  http://maps.google.es/maps/ms 

    tractorada de Ribadeo:

    as 11:00 e dende as estradas de acceso a Ribadeo e a Explanada da Coop. Irmandiños ata Ribadeo (Explanada onde se atopan os macrosupermercados Lidl e Eroski)

    mapiña: http://maps.google.es/maps/ms 

    tractorada de Vimianzo:

    as 11:30 dende MUXÍA-QUINTÁNS polas Entradas Norte e Sur ( C-552) de Vimianzo e a 
    Estrada da Ponte do Porto/ Camariñas ata a Explanada do concello de Vimianzo

    mapiña http://maps.google.es/maps/ms 

    tractorada de Chantada:

    as 11:30 e dende TABOADA, A BARRELA, O SAVIÑAO e CURRELOS e polas estradas de acceso a Chantada até a Estación de autobuses (Praza Santa Ana) – Chantada

    mapiña: http://maps.google.es/maps/ms

    tractorada A Coruña:

    as 10:15 e dende Montesalgueiro, Aranga e pola Estrada N-VI até a Delegación do Goberna da Coruña

    mapiña: http://maps.google.es/maps/ms

    tractorada Ferrol:

    as 11:00 e dende Moeche e A Capela, pasando por San Sadurniño, A Mourela, Xubia, Estrada de Castilla, Praza do Concello deFerrol, Cruce de S. Xoan até o Polígono da Gándara (FERROL)

    mapiña: http://maps.google.es/maps/ms 

    tractorada Santiago de Compostela:

    dende Ordes (11:00), A Estrada(11:15), Lalín (10:15), Arzúa (11:00), Rois (10:30), Santa Comba (10:30) ate a Explanada de Salgueiriños (Santiago de Compostela)

    mapiña: http://maps.google.es/maps/ms

    (*) O  novo punto de encontro para a zona de Boqueixón e Vedra será Lestedo – Diante da Cooperativa Pico Sacro ás 11:30.

     

    Numerosas son as mostras de apoio que nos achega cada día a sociedade civil da Galiza, moito máis consciente da problemática e da necesidade de solucionala que os propios gobernos.

    Nestes meses vimos recibindo multitude de consultas sobor de “que leite mercar” ou “que leite é galego”, así coma valoracións da importancia que o rural ten para a Galiza, non só por ser un piar fudamental da nosa cultura como pobo, senón pola directa vinculación que o noso traballo ten coa saúde e calidade de vida da cidadanía, á cal gostamos de aportar os alimentos de máxima calidade producidos na nosa terra polas labregas e labregos galeg@s.

    O vindeiro mércores desexamos que as molestias para a cidadanía sexan as mínimas, xa que o obxectivo do sector é presionar aos gobernos, onde reside arestora a capacidade para levar adiante a modificación da actual política agraria en materia de prezos e control da produción leiteira.

     Asemade, lembrar  que a tractorada terá lugar en movemento, dando lugar a 7 caravanas de tractores que circularán cara as vilas e cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo, Ribadeo.

    Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración e apoio.