Novas

  • Prevención de riscos na condución de tractores

    Prevención de riscos na condución de tractores

    • 11,Xuñ 2014
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Risco de envorcos

    Envorcos laterais
    • Conducir sempre o tractor a unha distancia prudencial das zonas do terreo que por presentar desniveles  (gabias, canais, regueiras, ribazos, cunetas, etc.)
    • Ao iniciar o descenso por unha pendente, sobre todo se o tractor arrastra un remolque cargado, poñer a velocidade máis curta.
    • Cando se circula transportando remolques excesivamente cargados e sen sistemas de freado independente, evitarase a parada brusca do tractor.
    • Ao realizar labores de arado levantarase o apeiro ao efectuar os xiros ou cambios de sentido no labor, co fin de evitar empurres do terreo.
    • Sempre que os labores a realizar o permitan, utilizarase a máxima anchura de vía posible, tanto nas rodas traseiras coma nas dianteiras, co que se mellora a estabilidade do tractor.
    • En circulación normal, os pedais de freo deberán levarse bloqueados mediante o ferrollo de bloqueo.
    • A circulación entre parcelas a distinto nivel debe facerse sempre por accesos adecuados construídos a tal fin, e nunca remontando ou descendendo o ribazo ou parede de desnivel
    • Fochancas ou calquera outra elevación ou depresión do terreo.
    Envorcos cara a atrás
    • Elixir apeiros apropiados ao tipo de tractor empregado de forma que non ofrezan excesiva resistencia ao avance del tractor
    • Evitar tamén a suba de pendentes fortes transportando apeiros pesados suspendidos ou remolques excesivamente cargados, lastrándose adecuadamente o eixe dianteiro .
    • En terreo con forte pendente, ao realizar cambios no sentido da marcha, compre manobrar lentamente  de forma tal que a parte dianteira do tractor quede sempre na parte máis baixa do terreo .
    • Independentemente das normas adoptadas para evitar o empinamento do tractor, en caso de iniciarse este, deberase pisar inmediatamente o pedal de embrague para que o tractor volva á súa posición normal .
    • Ao enganchar o remolque ao tractor procurarase que o punto de enganche quede o mais baixo posible.
    • Cando en traballos de labor se encontre unha resistencia acusada no terreo que impida a marcha normal do tractor, non forzalo acelerando e embragando bruscamente .
    • A utilización de apeiros con desenganche automático evita os riscos procedentes das resistencias acusadas.
    • Cando o tractor sufra un atasco no terreo , nunca debemos tentar sacalo colocando debaixo das rodas motrices obxectos tales como ramas, pedras, etc. (Risco de empinamento).