Reducir a produción: é necesario suprimir o aumento da cota do 1% deste ano e pór en dúbida o aumento programado para os próximos anos. Logo é necesario ir máis aló e reducir suficientemente a cota europea.
Establecer un debate sobre as modalidades desta redución de produción. Se se quere manter un máximo de produtores e produtoras, na súa maioría pequenos e medianos produtores/as, será necesario compensar a redución da produción. Os pequenos produtores e produtoras non deben sufrir as consecuencias da redución de produción.
Manter un control público da produción. Os produtores/as deben mobilizarse para instar á UE a que anule a decisión de 2003 de abandonar as cotas en 2015.
Garantir unha renda suficiente a todos os produtores/as de leite, algo só posible a través dun control, dunha mellor distribución da cota e dun prezo mínimo de compra por parte das industrias lácteas.
Suprimir as restitucións á exportación, a forma máis visible de dumping cara aos terceiros países (dumping disimulado polas axudas directas desvinculadas cando os produtos se exportan). Tamén hai que pór en dúbida a obrigación de importar produtos lácteos e o acordo agrícola da OMC de 1994. É necesario intercambiar o deber de parar o dumping polo dereito de poder protexerse das importacións a baixo prezo.
Desalentar a produción leiteira demasiado intensiva dependente da soia, favorecer a produción leiteira a base de forraxes locais e pastos permanentes (clima, biodiversidade) e valorizar os métodos de produción máis autónomos.
Ante a perspectiva de 2013, é necesario desenvolver unha nova política leiteira nunha PAC onde o marco da OMC se substitúa polo da soberanía alimentaria, algo indispensable para facer fronte aos retos da crise sistémica actual.
|
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON Lida Senra, Responsábel Sectores Gandeiros da Coordenadora EuropeaVía Campesina TLF: 609 845 861 René Louail, (FR)Membro do Comité de Coordenación TLF: 33 6 7284 8792 |