Esiximos que a titular do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), Elena Espinosa, adopte dunha vez por todas unha postura clara en defensa do sector de cara ao Consello de Ministros que se celebrará o vindeiro martes, 24 de marzo, no que se abordará a situación da produción láctea na Unión Europea.
Pola garantía de recollida e prezo para o leite. O prezo é o elemento básico no que radica a viabilidade das explotacións, que deben percibir unha retribución que cubra os custos de produción e o seu traballo. A unidade e a forza na acción é de especial importancias nestes momentos no que se está a debater no Parlamento Europeo un acordo de prezos a nivel comunitario, unha posíbel solución á conxuntura actual.
Vídeo da intervención da Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, o martes 17 de marzo na rolda de prensa conxunta realizada en Compostela para dar conta da unidade de acción no sector lácteo de cara ás vindeiras mobilizacións:
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=13566&id_cat=8