
.jpg)

NOTA DE PRENSA ANDAINA
Revista Galega de Pensamento Feminista
Apdo 1058 SANTIAGO
A Revista Andaina celebrou este sábado 28 de marzo un encontro, charla e cea de agasallo, recoñecemento e cariño a Lidia Senra
Nesta cea e acto, celebrada na Gentalha do Pichel en Compostela, xuntáronse máis de sesenta mulleres, que amosaron o seu apoio polo seu traballo ao longo dos anos no SLG asi como pola súa continuidade
A revista ANDAINA celebrou o sábado (28.03.09) un encontro charla/cea de agasallo, recoñecemento e cariño a LIDIA SENRA polo seu traballo ao longo dos anos: de loita polos dereitos das mulleres labregas, a defensa da terra e da soberanía alimentária, asi como o seu liderato exemplar á frente do Sindicato Labrego Galego (SLG) e como dirixente do mesmo e para amosar o apoio á continuidade do seu labor.
A cea desenvolveuse no centro social A Gentalha do Pichel en Compostela, e dela participaron máis de sesenta mulleres.
Após a charla de Lidia Senra encol da soberanía alimentaria, degustouse unha cea con produtos traballados, cultivados e cociñados polas mulleres de AMORODO (http://www.proxectoamorodo.org) .
Nos postres, un breve lembrando a traxectoria de Lidia, a súa combatividade, resistencia, coherencia e proximidade e a proxeción de un vídeo feito para a ocasión que poderedes ver en breve nas páxinas de Andaina (http://www. andainamulleres.org), e do SLG (http://www.sindicatolabrego.org), asi como na páxina de Gzvideos, que foi o colectivo que editou este material (http://www.gzvideos.info).
Nos próximos dias tamén estará dispoñíbel un novo video sobre a cea, coas intervencións e cun resumo deste acto de encontro de mulleres e de apoio e cariño cara Lidia Senra, que poderedes atopar nas páxinas citadas anteriormente.
Compostela, 30 de marzo de 2009
Tlf de contacto: 636 017 765