-
Os riscos da inercia cando se utiliza maquinaria agrícola
- 18,Xuñ 2014
- Posted By : sicom
- 0 Comments
PUNTOS CON INERCIA
O máis coñecido é o volante de inercia, compoñente dun motor ou dunha máquina destinado a regular o seu funcionamento. Está constituído por unha roda ou por un disco de ferro fundido ou aceiro que vai fixado sobre o eixe do motor. Nalgunhas máquinas agrícolas existen volantes de inercia que continúan xirando durante varios segundos despois de ser desconectadas (por exemplo, algúns tambores-cortadores de empacadoras, que teñen un tempo de parada que pode chegar aos 2 minutos).
RISCOS
- Interrupcións súbitas no traballo: Comprobar o que sucedeu sen ter en conta que parte os mecanismos aínda están en movemento.
- Comprobacións sobre máquinas paradas: Parte dos elementos de inercia poden acharse en situación de equilibrio inestable. A máis mínima presión ou pulo pode provocar o seu cambio á posición de equilibrio estable, co conseguinte accionamento dos elementos solidarios e a posibilidade de provocar un accidente.
MEDIDAS DE PROTECCIÓN E PREVENCIÓN
- Coñecer que partes das máquinas constan de dispositivos inerciais, ónde se achan situados e que mecanismos accionan.
- Tódalas zonas de máquinas con masas inerciais dispoñerán dos onvenientes resgardos de seguridade.
- Asegurarse da parada total dos mecanismos.
- Non intentar XAMAIS axudar á detención dunha parte móbil da maquinaria, nin mediante ferramentas, nin moito menos apoiando as extremidades.
ZONAS DE PROXECCIÓN
- Determinadas máquinas poden proxectar partículas e elementos de diversos tamaños con gran forza e a gran velocidade.
- O coñecemento das máquinas que comportan tal risco permite evitar estes accidentes e traballar de tal maneira que outras persoas tampouco corran perigo.