Novas

  • Os movementos antiminaría na Península Ibérica denuncian unha trama de espionaxe ás súas plataformas

    Os movementos antiminaría na Península Ibérica denuncian unha trama de espionaxe ás súas plataformas

    • 14,Set 2020
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    As plataformas diriximos as dúas cartas aos responsables dos proxectos europeos MIREU (Mining and Metallurgy Regions of EU), NEXT (New Exploration Technologies) e iTARG3T (Innovative targeting & processing of W-Sn-Ta-Li ores), así como á Comisión Europea, que os financiou con máis de 10 millóns de euros. Os tres proxectos incluían compoñentes do que o sector mineiro chama a “Licenza social para operar”, que se refire ás tácticas empregadas polas empresas para minimizar ou destruír a oposición social a proxectos destrutivos e contaminantes.

    Isto implicou a investigación, recompilación e/ou análise de información sobre grupos que se opoñen a diferentes proxectos mineiros, en todos os casos totalmente ás costas das comunidades e plataformas afectadas, e coa colaboración ou participación de axencias e institucións públicas. No proxecto MIREU, nesta investigación participaron precisamente as administracións públicas de Andalucía, Aragón e Castela e León, que deben decidir sobre os proxectos mineiros responsables dos conflitos, mentres que nos outros dous proxectos participan a Axencia estatal CSIC e a empresa Valoriza Minería do grupo SACYR.

    Entre a documentación sacada á luz, incluso se apreciou unha linguaxe e un ton despectivos empregados en varias referencias ás plataformas e entidades de información, evidenciando en todo momento unha postura pro-minería.

    Quen subscribimos estas cartas lamentamos que as administracións públicas, que deben manter a imparcialidade nos seus procesos de análise, revisión e concesión de proxectos mineiros de empresas privadas, estean demostrando que esta imparcialidade está seriamente cuestionada e incluso apoian tacitamente a estas últimas empregando fondos públicos para estes proxectos de dubidosa legalidade.

    As cartas abertas solicitan que as plataformas asinantes teñan acceso a toda a información que se compilou sobre elas, xa que o proxecto MIREU afecta a polo menos 25 casos de estudo de toda a Península. Ademais, pídese á Comisión Europea que audite estes proxectos e cese o financiamento a este tipo de iniciativas.

    Desde as plataformas consideramos que, dado que estes estudos se levaron a cabo sen o coñecemento nin o consentimento dos movementos e comunidades afectados, estes terxiversan a natureza tanto dos nosos movementos cidadáns como dos propios conflitos.

    Estes conflitos xeráronse precisamente debido á incapacidade das autoridades locais, nacionais e europeas para recoller e reaccionar segundo os sentimentos das poboacións afectadas por novos proxectos mineiros. Na orixe dos conflitos está tamén a extensa evidencia de impactos negativos e a necesidade de cumprir a lexislación ambiental europea.

    Asinamos as cartas:

    • Plataformas de la Red Ibérica contra las Minas
    • Alconchel y Comarca de Olivenza sin minas (Extremadura)
    • Associação Guardiões da Serra da Estrela (Beiras)
    • ContraMINAcción Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza (Galicia)
    • Coordinadora No a la Mina de Uranio (Salamanca)
    • No a la mina en la Sierra de Yemas (Ávila)
    • No en mi Tierra (Zamora)
    • Oro No (Asturias)
    • Plataforma No a la mina en el Valle de Corneja (Ávila)
    • Plataforma Salvemos las Villuercas (Cáceres)
    • Plataforma Sierra de Gata Viva (Cáceres)
    • Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON (Galicia)
    • Unidos em Defesa de Covas do Barroso (Trás-os-Montes)
    • Vida e Ria ou Minaria? (Galicia)

    Co apoio das seguintes entidades integradas nas plataformas:

    • A Vila Carp (Badajoz)
    • Alquevaworldcarp (Badajoz)
    • Asociación Amigos e Amigas dos Bosques “O Ouriol do Anllóns” (Galicia)
    • Asociación Antiguos alumnos del Sagrado Corazón (Badajoz)
    • Asociación Autonómica Cultural Petón do Lobo (Galicia)
    • Asociación Cultural para la Promoción y Difusión del Baile Alson (Badajoz)
    • Asociación de Fibromialgia y Fatiga Crónica de Olivenza (Badajoz)
    • Asociación Galega Cova Crea (Galicia)
    • Asociación La Raíz / A Raíz (Badajoz)
    • Asociación Los Bartolos de Valverde de Leganés (Badajoz)
    • Asociación Os Pelinhas M.T.B Olivenza (Badajoz)
    • Asociación San Jorge de Alor (Badajoz)
    • Asociación Verdegaia (Galicia)
    • Comisión contra as minas da Terra Chá (Galicia)
    • Comisión de Festejos San Jorge de Alor (Badajoz)
    • Ecoloxistas en Acción Galiza (Galicia)
    • Plataforma Ciudadana Olivenza crea conciencia (Badajoz)
    • Plataforma en Defensa da Ría de Muros-Noia PLADEMAR (Galicia)
    • Plataforma pola Defensa de Monte Neme (Galicia)
    • Plataforma STOP Uranio (Salamanca)
    • Prisiñas Club Senderista (Badajoz)
    • Sindicato Labrego Galego SLG (Galicia)
    • Sociedad La Oliventina (Badajoz)
    • Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins (Galicia)
    • Sonríe Olivenza (Badajoz).

     

    Espionaxe