Novas

  • Organizacións sociais, profesionais e concellos esixen á Consellaría do Medio Rural  o reprantexamento  da loita contra a pulguiña do carballo

    Organizacións sociais, profesionais e concellos esixen á Consellaría do Medio Rural o reprantexamento da loita contra a pulguiña do carballo

    • 11,Xan 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Que as masas de carballo deste país estean a padecer esta praga dende a década dos noventa, abondaría xa para constatar que unha revisión das técnicas empregadas contra a pulguiña é necesaria. O feito de que se estean a empregar arestora produtos químicos excluídos do Anexo I da Directiva Europea 91/414/CEE sobre sustancias activas de produtos fitosanitarios,-como alerta o documento que vai ser rexistrado mañá- agrava inda máis esta situación e revela o emprego por parte da CMR de prácticas totalmente obsoletas en materia de control integrado de pragas.

    As entidades subscritoras1 solicitarán tamén mañá unha entrevista co Director Xeral de Montes, D. Tomás Fernández Couto, para trasladarlle o recollido neste documento e obter información da estratexia que a Consellaría do Medio Rural ten prantexada para o futuro ao respeito da loita contra as pragas forestais.

     

     

    1. Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, Asociación Frouma, Asociación Galega de Apicultura, Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, Concello de Allariz, Concello de A Merca, Concello de A Pobra do Brollón, Concello de Chantada, Concello de Monforte de Lemos, Concello de Sarria, Concello de Toén, Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.