-
Obradoiros da Secretaría das Mulleres en varias comarcas galegas para coñecérmonos as labregas
- 25,Out 2016
- Posted By : sicom
- 0 Comments
Segundo explicou Rebeca, “neste obradoiro de Arzúa tratamos de reconectar os sentidos e a razón para mellor vivir. Foi un primeiro encontro doutros que pretendemos facer nesta zona”.
Os cursos tiveron continuidade en Muxía, o 13 de outubro, cun titulado “Do local ao global: Onde están as mulleres?”. A semana que vén, o 31 de outubro, tocaralle á vila d’A Estrada, o 31 de outubro, cun obradoiro no que se tentará responder á pregunta: “Por que se rebelan as mulleres?”. Dentro da programación, agora mesmo hai previstas actividades semellantes en Betanzos (27 de outubro), Teixeiro (14 de novembro), Chantada (17 de novembro) e O Rosal (2 de decembro).
Se estás interesada en inscribirte nalgún destes obradoiros ou saber máis deles, ponte en contacto coa oficina do SLG na túa comarca e infórmate.