Novas

  • O VIII Congreso do SLG reafírmase no principio da soberanía alimentaria como eixe vertebrador do seu traballo e como garantía de futuro

    O VIII Congreso do SLG reafírmase no principio da soberanía alimentaria como eixe vertebrador do seu traballo e como garantía de futuro

    • 05,Nov 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Outra das decisións sometidas ao referendo do VIII Congreso foi a de que o Sindicato Labrego Galego se integrase na Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) como membro de pleno dereito. Até o de agora, o SLG viña mantendo un convenio de colaboración con esta coordinadora estatal. Deste xeito, o Sindicato Labrego Galego segue, a nivel de Estado, os pasos que ten dado integrándose na Coordinadora Europea da Vía Campesina a nivel europeo, e na Vía Campesina a nivel mundial; nun contexto global no que o meirande das decisións políticas que afectan á agricultura galega se toman fóra de Galiza, nos organismos oficiais de cidades como Madrid ou Bruxelas.       

    A soberanía alimentaria como principio-raíz das demandas sindicais

    O lema do VIII Congreso do Sindicato Labrego Galego “A soberanía alimentaria é garantía de futuro” expresa a aposta decidida da organización agraria por facer desta reivindicación un eixe vertebrador para garantir o futuro dos labregos e das labregas, e dos pobos. No seu discurso de clausura, Carme Freire englobou en tres eixes fundamentais as loitas que manterá o Sindicato Labrego Galego de cara a traballar por esa soberanía alimentaria para Galiza:

    1.      A loita polos recursos produtivos para a alimentación, que se traducirá nunha defensa sen paliativos de recursos como a auga, a terra e as sementes; e nunha oposición frontal a agresións como a forestación de terras agrarias, os transxénicos, a lexislación que nos quere roubar as nosas sementes, a Lei de Mobilidade de Terras, a Lei de Montes, os agrocarburantes, as directrices de ordenación do territorio, a Lei de Augas, a utilización de lodos de depuradora como abono en agricultura ou a invasión dos parques eólicos.

    2.      A loita polos servizos públicos ás persoas e ás explotacións. Ou sexa, a defensa de servizos públicos para as persoas que se desmantelaron ou están a desmantelar no noso medio rural como a Seguridade Social, a sanidade, a educación, a vivenda, a atención ás necesidades das persoas maiores e das crianzas, os servizos de de asesoramento e de sanidade animal e vexetal para as explotacións, os seguros, as axudas ás explotacións, infraestruturas, investigación, etcétera.

    3.       A loita por prezos e mercados xustos expresada na defensa das pequenas explotacións, na negociación colectiva de prezos dignos e remuneradores que se garantan a través de contratos, na regulación pública dos mercados, na potenciación de circuítos curtos de comercialización ou na calidade e seguridade alimentarias; demandas todas que darán contido a nosa loita por unha nova reforma da Política Agraria Común (PAC) que se deseñe para defender e salvagardar os intereses dos labregos e labregas de toda a Unión Europea, que son os intereses de toda a cidadanía.

    Carme FreireVIII Congreso

    Votación VIII Congreso

    Dirección Nacional

     

     

    undefined

     

     

     

    undefined