Esta experiencia non rematará coa viaxe, xa que a intención do Sindicato Labrego Galego é difundila para dar a coñecer as posibilidades que oferta para algunhas explotacións a venta directa de produtos lácteos.
Dende esta perspectiva, e tras esta viaxe, o SLG realizará unha serie de charlas informativas por toda a xeografía galega durante o outono, que culminarán en Compostela cun seminario europeo sobre o sector leiteiro, que terá lugar en xaneiro de 2011.
En canto ao programa da viaxe, as visitas discorrerán polo condado de Pembrokeshire e comezarán mañá, 25 de setembro, nas explotacións de Wyn Evans1, na baía de Caerfai, e a Bethesda Milk, de Rob e Sharon Gibby2. O domingo, 26 de setembro, visitarase a queixería de Carwyn Adams3 e a explotación de Haydn Evans, en Penrhiw. Finalmente, o luns 27 de setembro, antes da partida, visitarase o proxecto Caerhys Organic Farm4, pouco antes da partida.
1http://wales.wwf.org.uk/what_we_do/tackling_climate_change/climate_witness_programme/wyn_evans__climate_story/
3 http://www.cawscenarth.co.uk/