Ao Sindicato Labrego foille comunicada esta posibilidade en días pasados por parte destes dous concellos, que se integran no proceso como demandados.
Para a nosa organización é moi importante seguir tendo a posibilidade, esta vez no Xulgado, de opoñernos a estas concesións de licencia.
Á espera de que nos trasladen por parte do Xulgado o expediente e a demanda de Erimsa, cómpre lembrar brevemente este proceso:
No mes de maio de 2008 Erimsa presenta en Cospeito, Pastoriza, Castro de Rei e Abadin solicitude de licencia para a extración do cuarzo, que estivo a exposición pública, e contra a cal presentamos centos e alegacións.
Tamén no ano 2008 Erimsa tiña presentado escrito nos concellos para que pasados os tres meses dende a presentación o silencio administrativo lle fose considerado positivo. Todos os municipios emitiron resolucións no sentido contrario, contra as cales Erimsa interpuxo recurso.
O Sindicato Labrego vai a seguir utilizando todas as armas que teña o seu alcance para evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca porque consideramos que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial.