Novas

  • O SLG suma forzas na elaboración dunha estratexia de dinamización do sector cárnico galego

    O SLG suma forzas na elaboración dunha estratexia de dinamización do sector cárnico galego

    • 28,Xan 2022
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    O 28 de xaneiro asistimos á segunda xuntanza para elaborar a estratexia de dinamización do sector da carne organizada pola fundación Juana de Vega, onde participamos máis de 50 persoas das distintas partes do sector da carne ( produción, industria e distribución) entre elas o SLG.

    Durante a maña de onte debatironse en distintos grupos de traballo, que medidas se deben de tomar para garantir o relevo xeracional, como mellorar a interlocución entre produción, industria e distribución ou como mellorar o posicionamento dos nosos productos, esperemos que destas xuntanzas saian unhas propostas que recollan as nosas demandas tales como facer cumplir a lei da cadea alimentaria e non vender a perda o noso produto, convocatoria inmediata dunha mesa do sector onde as administracións garantan non existen abusos de poder nin por parte da industria nin da distribución.