Novas

  • O SLG somentes firmará un acordo se este establece  un prezo que, como mínimo, cubra  os custos de produción

    O SLG somentes firmará un acordo se este establece un prezo que, como mínimo, cubra os custos de produción

    • 17,Xul 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Ao redor do mediodía de hoxe, venres 17, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, dirixiuse aos gandeiros e gandeiras reunidas na explanada de Amio (Santiago de Compostela), para, en asamblea, coñecer a valoración do sector ao respeito da proposta apuntada dende Madrid de establecer un prezo de referencia que tomaría o de Francia (entre 0,26 e 0,28) máis transporte (0,03), co que o prezo medio , oscilaría entre 0,29 e 0,31. 

    Na reunión que terá lugar o vindeiro luns en Madrid para aceptar ou non esta proposta, é vontade do SLG levar a posición que decida o sector. Para saber que queren as gandeiras e gandeiros, preguntamos*:

    Perante da pregunta de si é un prezo aceptábel 0.29/0.31, o sector rexeitou esta posibilidade.

    Perante da pregunta de si o prezo que temos que esixir fixar como mínimo é aquel que , segundo o Observatorio de Prezos do Sector Leiteiro, se corresponde cos custos de produción (establecidos para o presente ano en 0,34), o sector deu a súa aprobación.

    Polo tanto, o vindeiro luns en Madrid, o Sindicato Labrego Galego vai defender o establecemento dun prezo mínimo que, independentemente de que oscilen, sempre cubra os custes de producción. É dicir, neste momento o prezo que se acorde pagar por un litro de leite non pode ser inferior aos 0,34€ que nos custa producilo, máis se os custes aumentan, o prezo mínimo establecido ten que subir proporcionalmente.

    Non é cuestión de cifras, senón de concepto: custes de produción. Non venderemos por embaixo do que custa producir. Queremos vivir do noso traballo.

    Os tractores permanecerán en Santiago de Compostela toda a fin de semana, pendentes do resultado que terá lugar o vindeiro luns.

     

    Audio das declaracións:

     

    audio logoreparto de leite en agradecemento a cidadanía

                       o sector di non aos  0.31

                      a nosa loita é establecer un prezo mínimo que cubra custos de produción

                      prezo que cubra custos de produción – no caso do 2009 serían 0.34

    Prezo xusto para o noso leitePrezo xusto para o noso leite(2)Prezo xusto para o noso leite(3)Prezo xusto para o noso leite(4)Prezo xusto para o noso leite(5)