Novas

  • O SLG solidarízase con Emilio Cao e esixe a súa absolución

    O SLG solidarízase con Emilio Cao e esixe a súa absolución

    • 30,Nov 2016
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A acusación que pesa contra el é a de agresión e atentado á autoridade, feitos que Emilio nega rotundamente e polos que a fiscalía pide unha condena de 5 anos e 8 meses de prisión.

    Dende o SLG condenamos sen paliativos a criminalización que o Goberno está a facer das mobilizacións sociais en defensa dos dereitos de toda a cidadanía. Tamén criticamos a desproporción da condena solicitada pola fiscalía contra un menor de idade que foi arrestado no medio dunha enorme confusión, acusado duns delitos que non cometeu.

    Por mor disto, o Sindicato Labrego Galego apoiará a manifestación convocada polas Marchas da Dignidade este sábado, 3 de decembro, no Carballiño, para expresar o seu apoio a Emilio Cao e esixir a súa inmediata absolución.

    Detención Emilio Cao

    Imaxe do momento en que os antidisturbios reduciron e arrestaron a Emilio Cao