Novas

  • O SLG solidarízase con Antolín Alcántara (CIG) e co traballador do metal condenados por defender lexitimamente os seus dereitos

    O SLG solidarízase con Antolín Alcántara (CIG) e co traballador do metal condenados por defender lexitimamente os seus dereitos

    • 15,Xuñ 2012
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Para o Sindicato Labrego Galego, estas condenas son un suma e segue na campaña de criminalización e desprestixio que, dende os poderes públicos, se está a facer contra os movementos sociais e as organizacións sindicais dende hai anos, e que se volveu moita máis cruenta no actual contexto de crise para debilitar ou anular a quen se opón aos drásticos, antidemocráticos e inhumanos recortes que estamos a sufrir en sectores vitais para a sociedade como a sanidade ou a educación. Resulta paradoxal que, mentres se impoñen sentenzas desproporcionadas dun ano de prisión por participar nunha folga; permanezan impunes, ou mesmo cobrando indemnizacións millonarias, os xestores e causantes da crise económica que estamos a sufrir todos e todas, ou as entidades bancarias que estafaron os aforros de miles de persoas coas participacións preferentes.

    Por todo o devandito, dende o Sindicato Labrego Galego reiteramos o noso apoio a Antolín Alcántara e ao traballador do metal represaliados, así como á Confederación Sindical Galega. O seu exemplo dános azos para seguir opoñéndonos frontalmente á maior agresión, en forma de retalladas de dereitos e retroceso social, que se deu no Estado Español e na Galiza dende a dictadura franquista.