Novas

  • O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

    O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

    • 24,Nov 2021
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Nesta xuntanza, onde tamén estarán presentes representantes doutras Organizacións Profesionais Agrarias, Isabel Vilalba reivindicará unha vez máis que o Ministerio execute as actuacións precisas para que, en aplicación da Lei da Cadea Alimentaria nos prezos do leite -e tamén da carne-, sexa obrigatoria a inclusión das subas de custos de produción e se prohiban prezos que supoñan para o sector produtor a venda a perdas.

    Precisamos urxentemente medidas que permitan a milleiros de gandeiras e gandeiros vivir dignamente do seu traballo, fixando poboación no medio rural, mantendo a biodiversidade e coidando do territorio.