Novas

  • O SLG presenta sinaturas de 90 explotacións contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    O SLG presenta sinaturas de 90 explotacións contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    • 25,Xan 2012
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    O Sindicato Labrego Galego oponse a este traslado porque vai causar graves prexuízos aos usuarios e usuarias dos servizos de extensión agraria por varios motivos. En primeiro lugar, levar a oficina agraria comarcal á sede da fundación afastará este servizo ás explotacións dos concellos de Forcarei e Cerdedo. Ademais, producirase un serio entorpecemento de calquera xestión que necesite servizos que só se ofrecen na vila, tales como ingresos bancarios, Tesourería da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, concello, servizos veterinarios, realización de fotocopias, compulsas, etcétera, obrigando a desprazamentos agora innecesarios e aumentando unha carga burocrática que, moitas veces, nas actividades agropecuarias, resulta asfixiante.

    Diante da oficialización do traslado da oficina agraria comarcal da Estrada, o Sindicato Labrego Galego convocou con carácter de urxencia á súa Executiva Comarcal para tratar esta cuestión e decidir que medidas toma ao respecto.