Novas

  • O SLG presenta na Galiza a Declaración dos Dereitos Labregos da ONU cunha lectura pública dos seus artigos

    O SLG presenta na Galiza a Declaración dos Dereitos Labregos da ONU cunha lectura pública dos seus artigos

    • 30,Mar 2019
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Para o Sindicato Labrego Galego era unha tarefa importante dar a coñecer ás institucións e movementos sociais da Galiza esta Carta de Dereitos Labregos, xa que supón a primeira conquista global do campesiñado e foi o resultado dun duro traballo de case dúas décadas liderado por La Vía Campesina, movemento internacional do que forma parte o SLG.

    Máis alá do seu enorme valor simbólico, esta Declaración de Dereitos Labregos pode ser unha ferramenta extraordinaria para pedir contas e esixir cambios nas políticas dos gobernos de todos aqueles países que son membros da ONU en todas aquelas loitas nas que se vulneren os dereitos do campesiñado agora recoñecidos.

    Lectura Dereitos Labregos 1Lectura Dereitos Labregos 2