Novas

  • O SLG pide a Medio Rural a declaración da Limia como zona de emerxencia polos asolagamentos de primavera

    O SLG pide a Medio Rural a declaración da Limia como zona de emerxencia polos asolagamentos de primavera

    • 22,Xuñ 2016
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Así llo explicamos á directora xeral de Gandaría e Agricultura da Xunta, Belén Docampo, na xuntanza mantida con ela o 14 de xuño. Dende o SLG, tamén lle pedimos que se poña en marcha unha liña de apoios específicos para as explotacións afectadas: axudas directas compensatorias, subvencións para o refinanciamento, traballo para conseguir bonificacións como reducións nas cotas da Seguridade Social, bonificacións fiscais, etcétera.

    Desta vez, fixémoslle ver a Docampo, do mesmo xeito que fixemos coas súas antecesoras, que os seguros agrarios non se adaptan ás necesidades de moitas das producións galegas, polo que é moi importante facer un diagnóstico de cales son as principais eivas destes programas de cobertura para conseguir un sistema máis eficaz.

    Asolagamento Limia