Novas

  • O SLG participará, xunto á COAG, en medidas de denuncia contra a industria leiteira no Estado se non se acada un prezo xusto para o leite na Inlac

    O SLG participará, xunto á COAG, en medidas de denuncia contra a industria leiteira no Estado se non se acada un prezo xusto para o leite na Inlac

    • 04,Nov 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Os responsábeis das distintas organizacións que forman parte da COAG, coa que o SLG ten un convenio de colaboración, coincidiron en sinalar que a actual situación, con prezos que non cobren nin os custes de produción, e que moitas explotacións están a padecer dende febreiro de 2009, é insostible.

    Dende o Sindicato Labrego Galego e dende a COAG instóuselle á nova Ministra de Agricultura, Rosa Aguilar, a que o Ministerio que dirixe interveña na negociación para facilitar un acordo satisfactorio que garanta a viabilidade económica de todas as explotacións en activo, sen excepción.

    Carme Freire na Inlac