Novas

  • O SLG participa en Bruxelas nunha conferencia co Comisario de Agricultura organizada pola CEVC

    O SLG participa en Bruxelas nunha conferencia co Comisario de Agricultura organizada pola CEVC

    • 05,Mar 2025
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Os días 3 e 4 de marzo, máis de 200 persoas agricultoras, académicas, responsables políticas e da sociedade civil reuníronse en Bruxelas como parte dunha Conferencia Internacional de Investigadores/as e Agricultores/as, aberta polo comisario de Agricultura Christophe Hansen.

    O evento, titulado “Repensando a regulación dos mercados agrícolas para a transición agroecolóxica en Europa” e, contou con participantes de toda a cadea agroalimentaria co obxectivo de abordar a cuestión dos prezos xustos a través da regulación do mercado nun momento clave para a política agrícola da UE.

    A gandeira e economista especializada na Política Agraria Común (PAC), Ana Rodríguez, integrante da Execultiva Nacional do SLG, participou neste espazo destacando a necesidade de que na nova PAC que precisamente se está comezando a negociar nestes momentos realmente se comece a falar de regulación de mercados, e non como na última reforma, na que no Estado español non foi tratado ningún aspecto relacionado. Para iso, subliñou, “precisamos que se aborde en profundidade o regulamento da Organización Común de Mercados (OCM)”, unha demanda secundada polo resto de intervencións e que constitúe unha iniciativa imprescindíbel para garantir un sistema de produción de alimentos xusto social e medioambientalmente.

    Actualmente as persoas labregas non poden obter uns ingresos dignos coa súa actividade agrícola, xa que os prezos que se lles pagan moitas veces non cobren os custos de produción nin permiten salarios dignos e pagos á seguridade social para eles mesmos ou para os traballadores/as agrícolas. Paralelamente, moitas persoas consumidoras non poden permitirse alimentos frescos, saudables ou locais e a pobreza alimentaria está en aumento.

    Dado que as políticas da UE actualmente non están apoiando a cadea agroalimentaria para emprender a transición ambiental e social necesaria, esta conferencia supuxo unha oportunidade clave para construír coñecemento e compartir experiencias e ferramentas que existen a nivel global para regular os mercados para garantir prezos xustos tanto para os agricultores/as como para os consumidores/as e afrontar estas crises.

    No primeiro pleno do evento, centrado no futuro da PAC, o comisario de Agricultura, Christophe Hansen, subliñou que as persoas agricultoras deben ser xustamente remuneradas polo seu traballo, e que as subvencións da PAC deben estar dirixidas a apoiar a transición e a aqueles que máis as necesitan. “Tes algunhas empresas -non quero chamalas agricultoras- que reciben cartos da PAC, pero son enormes consorcios industriais con toda a cadea de valor nas súas mans. Temos que discutir a definición de agricultor/a activo/a porque os consorcios multimillonarios non son os que necesitan protección, senón a nova xeración de persoas agricultoras, pequenas e familiares e agricultores/as mixtos”.

    Como destaca nunha carta entregada a Hansen pola Articulación da Mocidade da ECVC durante o evento, a cuestión dos prezos xustos é fundamental para garantir a renovación xeracional e, polo tanto, a UE debe modificar a lista negra da Directiva de prácticas comerciais desleais mediante un procedemento acelerado, engadindo á mesma a compra de produtos agrícolas por debaixo do custo de produción. “Necesitamos accións inmediatas para facer que a agricultura sexa atractiva para os mozos e garantir que poidan gañarse a vida en lugar de permitir que as grandes corporacións obteñan enormes beneficios ás nosas costas”, subliñou Paola Laini, moza traballadora agrícola e membro do comité de coordinación da ECVC.

    As e os responsables políticos deben garantir que as e os agricultores poidan gañarse a vida para resolver as moitas outras cuestións económicas, ambientais e sociais relacionadas coa agricultura que afectan gravemente á sociedade. “Por suposto, a cidadanía europea quere que os seus alimentos se produzan de xeito respectuoso coas persoas, o medio ambiente e os animais, e tamén que sexan accesibles, polo que temos que asegurarnos de que aos labregos e labregas se lles pague uns prezos que cubran os custos de cultivo destes alimentos, en lugar de que os intermediarios tomen enormes marxes. Neste momento, moitos agricultores simplemente non gañan o suficiente para permitirse unha transición tan necesaria”, engadiu Annelies Schorpion, Amigos da Terra Europa.

    Morgan Ody, coordinadora xeral de La Vía Campesina a nivel internacional destacou ademais a regulación da Organización Común de Mercados na PAC como un punto clave de actuación. “Temos que crear as condicións para a transición das explotacións mediante a regulación dos mercados. Os gandeiros e gandeiras necesitan unha PAC que garanta prezos xustos, por exemplo mediante prezos mínimos de apoio, xestión da oferta, prezos mínimos de entrada e existencias públicas, etc.

    Polo tanto, a reforma para construír esta nova PAC debe basearse en datos económicos e en coñecementos que teñan en conta as realidades das persoas agriculturoas. Segundo explicou Laurence Roudart, académica da ULB e coorganizadora do congreso, “Os académicos tamén deben desempeñar un papel para proporcionar información sobre como podemos lograr unha nova Política Agrícola Común á altura dos enormes retos ambientais e sociais aos que nos enfrontamos. A co-construción de coñecemento que se está a producir aquí entre agricultores e académicos xunto cos traballos e contribucións que sairán deste será inestimable para definir un novo futuro para a agricultura”.

    Dende o Sindicato Labrego Galego levamos anos demandando medidas que garantan prezos xustos para os alimentos, que remuneren o traballo das persoas labregas, así como unha implicación sólida por parte das institucións a tódolos niveis para eliminar as prácticas desleais que se cometen na cadea alimentaria, e que impactan de xeito diferenciado nas granxas pequenas e medianas; seguiremos traballando a tódolos niveis pola consecución de compromisos neste eido.

    A conferencia está dispoñible nos seguintes enlaces: primeira xornada e segunda xornada.