E o problema é que a totalidade das 9.300 granxas de leite galegas están cobrando por baixo dos custes de produción, moitas a niveis ruinosos inferiores aos 20 céntimos, outras ao borde do desafiuzamento e do peche, e mesmo algunhas aturando impagos de varios meses, como as que fornecen Lácteos Pérez na comarca do Xallas.
A actitude cívica dos gandeiros e gandeiras que están a loitar polo seu posto de traballo e polo futuro dun sector económico esencial para Galiza e para o noso medio rural, contrasta coa falla de solucións urxentes que deberían pasar por:
Distribuidoras como Vegalsa e Mercadona veñen de anunciar subas de 2 céntimos no litro de leite. Tamén anunciaron Leite Celta e Central Lechera Asturiana que ían deixar de formalizar contratos á baixa. Para o Sindicato Labrego Galego, trátase de xestos positivos, pero non debemos esquecer que o horizonte cara ao que camiñan as mobilizacións actuais é o de acadar un prezo que cubra os custes de produción e unhas marxes de beneficio dignas nas granxas. Ademais, cómpre non esquecer que medidas urxentes polas que estamos a loitar como a mellora dos prezos para garantir a viabilidade das nosas explotacións, de nada servirán se non son apoiadas despois por leis e normativas que defendan as granxas da posición dominio e abuso a que son sometidas impunemente na cadea de valor.
Polo tanto, as mobilizacións continúan, e dende o Sindicato Labrego Galego seguiremos a pór a disposición dos gandeiros e gandeiras que as apoien tódolos nosos recursos materiais e humanos para manter vivas unha loita e unhas demandas que non só son de xustiza, senón que do seu cumprimento dependen o futuro de decenas de miles de familias e postos de traballo no medio rural do noso país.

Bloqueo da factoría dos Sangiao (Lácteos Merza, Logística Alimentaria…) en Penateixa (Oroso)

Baleirado de tanque de leite en Chantada (Lugo)