Novas

  • O SLG DEMANDA PREZOS DIGNOS NA UVA DE CALIDADE DA D.O. MONTERREI.    NON ASINES CONTRATOS POR BAIXO DOS 0’70 €/Kg a

    O SLG DEMANDA PREZOS DIGNOS NA UVA DE CALIDADE DA D.O. MONTERREI. NON ASINES CONTRATOS POR BAIXO DOS 0’70 €/Kg a

    • 11,Set 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    De cara a convocatoria da Mesa do Viño convocada póla Consellería de Medio Rural para mañá, venres 12 de setembro, o SLG queremos deixar clara a nosa postura.

    O Sindicato Labrego Galego sempre valorou o contrato homologado como unha ferramenta que pode posibilitar unha estabilidade para os/as viticultores/as da Comarca, unha aposta clara cara a calidade dos noso viños e un alicerce para conseguir un relevo xeracional para o sector avalado pola garantía de venta da produción que suporía a estabilidade do contrato no sector. Tendo sempre presente que o prezo que se fixe no contrato para as uvas ten que permitirnos aos viticultores/ as vivir dignamente do noso traballo.

    Dende esta perspectiva o SLG levamos todo o ano mantendo contactos co sector elaborador de cara a acordar uns prezos xustos para as nosas uvas de calidade.

    Sabemos que os prezos que propoñemos son os máis baixos de tódalas denominacións de Orixe do Pais, pero estamos dispostos a facer un esforzo na procura de normalidade e estabilidade no sector.

    Consideramos inxusta e inadmisíbel a pretensión dalgunhas adegas de mercar o kg de uvas de variedades preferentes e de calidade partindo de 0’50 € (o mesmo que se acordou para o Palomino no Ribeiro) , cando na maior parte dos casos ese viño se pon no mercado por riba dos 5 €.

    A situación resulta aínda mais grave por atoparnos ás portas dunha vendima escasa, cun 35 % menos de previsión de colleita.

    Dende o SLG pedimos os/as viticultoras/os da comarca que non asinen contratos por baixo dos 0’70 €/kg.

    Moitas grazas pela vosa atención.